Acordo El Corte Inglés e os escritores galego: Hoxe comenza o Ciclo

O acordo estipula a creación do ciclo Sentir os libros para El Corte Inglés de A Coruña e Vigo, coa posibilidade de ampliar a iniciativa a outros centros de Galicia e Asturias
31 de mayo de 2023

A Asociación Galega de Escritores, fundada o pasado 2 de febreiro de 2023, consegue un fito literario en só catro meses de actividade. AGER alcanzou un acordo o pasado mes de abril con El Corte Inglés  (área Galicia e Asturias) para dar visibilidade a autores emerxentes e independentes e fomentar a súa profesionalización. O acordo permitirá aos lectores achegarse a escoitar novas voces literarias xunto ás dos seus autores preferidos nos centros de El Corte Inglés a través do ciclo literario Sentir os libros.

O acordo entre El Corte Inglés e AGER (Asociación Galega de Escritores), que nun principio se desenvolverá en xuño nos establecementos de El Corte Inglés de A Coruña e Vigo, poderá ampliarse en outubro a Santiago de Compostela e localidades de Asturias como Xixón, con actividades arredor do libro durante todo o ano.

Para Rober H.L. Cagiao, presidente da Asociación Galega de Escritores, “este acordo representa un fito para a Asociación e os seus autores membros. O apoio e respaldo ofrecido por El Corte Inglés, ademais de ilusionarnos, permite difundir outras voces literarias xunto a escritores consagrados e achegarnos aos lector baixo un ciclo de conferencias literarias que se desenvolverán durante o mes de xuño nos establecementos de A Coruña e Vigo”.

A Coruña

O ciclo Sentir os libros comezará este xoves, 1 de xuño, en El Corte Inglés da rúa Ramón  y Cajal co coloquio El amor en la novela, a partir das 19 horas coas escritoras Abril Camino (Las 27 citas de Charlotte May) e Lola Fernández Pazos (El pazo de Lourizán), moderada pola tamén escritora Luna Piñón. O acto desenvolverase arredor do papel do amor na literatura ata chegar a unha perspectiva actual da novela romántica.

Continuará o xoves 8 de xuño cun dobre acto literario. Entre as 17 e as 19 horas haberá unha sinatura de exemplares de Javier Marín (Enigmas para un rey), gañador do Premio ICUE Novela Negra Cartagena 2021. Ás 19 horas será a quenda da conversa La novela negra actual, entre Javier Marín e Rober H.L: Cagiao (saga El guardián de las flores), que analizarán o estado do xénero negro e cales son as temáticas cara que avanzará nun futuro próximo.

O sábado 10 de xuño, ás 12 horas, terá lugar o espazo dedicado aos máis cativos cunha sesión de contacontos do libro Una familia de embrujo, coa autora Valeria Mederer.

O xoves 15, ás 19 horas, terá lugar a conversa A denuncia social na novela, con Juan Galán (Las tribulaciones de Bruno Lamas) e o xornalista e escritor José Ángel Varela Couce (Todos mienten), onde tocarán temas relacionados coas súas obras como a loita política na cidade da Coruña do tardofranquismo, a Cuba precastrista e o empobrecemento social.

Como acto final, terá lugar a sinatura de exemplares do escritor e guionista Ángel Barrios (Manos Frías), o venres 16 de xuño entre as 17 e as 21 horas.

Vigo

Os actos do ciclo Sentir os libros comezarán o venres 2 de xuño, a partir das 19 horas, en El Corte Inglés da Avenida Gran Vía coa conversa literaria Mujer y erotismo, protagonizada por Almudena Santamaría (Puede que algún día…) e Ana Julia Martínez (Turquesas de fuego). Analizarán o papel da muller e o erotismo na literatura ata chegar a unha perspectiva global da novela romántica actual.

Continuarán o venres 9 de xuño, ás 19 horas, co coloquio A novela negra ambientada en Galicia, na que tres das voces máis destacas do xénero negro galego como son Beto Luaces (triloxía Vicus), Rober H.L. Cagiao (saga El guardián de las flores) e Manuel Esteban (A vinganza dos homes bos), gañador do premio Xerais entre outros, falarán en profundidade sobre os lugares galegos que se converteron en escenarios literarios e a relevancia que Galicia está a adquirir a través da novela negra.

O terceiro acto terá lugar o sábado 10 de xuño, entre as 17 e as 21 horas, cunha sinatura de exemplares do escritor Javier Marín (Enigmas para un rey).

O derradeiro acto deste mes de xuño terá lugar o sábado 17, entre ás 17 e as 21 horas, cunha sinatura de exemplares do escritor e guionista Ángel Barrios (Manos Frías).

A Asociación Galega de Escritores (AGER) creouse en febreiro de 2023 na Coruña para apoiar e difundir aos escritores de Galicia e crear circuítos literarios propios que acheguen nun mesmo espazo a autores emerxentes e independentes con escritores consagrados.

Deja un comentario

Don't Miss