BNG Marín agradece o respaldo veciñal

31 de mayo de 2023
bng marin

O BNG expresa «o enorme agradecemento ás 1.989 persoas que confiaron no BNG nestas eleccións». O partido nacionalista felicítase por “xenerar unha corrente de ilusión e acadou uns resultados extraordinarios con 4 representantes, unha base sólida para ser a alternativa ao PP”, explicaron nun comunicado remitido ós medios de comunicación.

BNG destacou en primeiro lugar o exemplo de civismo democrático amosado pola veciñanza de Marín, nunha xornada electoral caracterizada pola normalidade e a ausencia de incidentes. Mais o BNG lamenta a falta de previsión por parte do Concello de Marín en canto á falta de accesibilidade en varios colexios electorais.

Equipo

“O BNG configurou un grandísimo equipo e presentou un programa serio e rigoroso, unha folla de ruta clara e concreta para reverter a grave situación de deterioro xeral que presenta o noso concello e que guiará a nosa actuación nos vindeiros anos”, engadiron dende o partido nacionalista.

O equipo do BNG Marín traballou «con moitísima ilusión nos últimos nove meses e foi quen de trasladar esa ilusión a unha parte da sociedade que se volcou co BNG durante a campaña e na xornada electoral».

“O BNG está profundamente satisfeito e ilusionado con estes resultados”, reiteraron. “Son uns resultados extraordinarios e agora o BNG ten un grupo de concelleiros/as que traballará arreo por e para a veciñanza de Marín, unha base sólida para ser a alternativa ao PP e acadar o goberno municipal en 2027”.

Deja un comentario

Don't Miss