Marín fala. A representante do Partido Popular, María Ramallo seguirá sendo a alcaldesa da localidade tras revalidar a primeira posición da lista máis votada na xornada electoral celebrada este domingo 28 de maio. O reto de superar ou igualar o resultado de 2019 resultaba máis que unha proeza inalcanzable case un milagro, que non puido repetirse. A candidata do PP conseguiu 12 concelleiros fronte ao récord histórico de 15 que obtivo en 2019 e un fito máis, a súa cuarta maioría absoluta.
As propostas políticas e o cariz da candidata parecen ter seguido calando no electorado marinense. Con 12 concelleiros, o Goberno de Ramallo estará formado polas seguintes persoas: María Ramallo, Manuel Santos, María Antonia Sanmartin, Pablo Novas, Antonio Traba, María Cristina Acuña, Francisco José Estevez, Beatriz Rodríguez, Antonio Caiña, Carmen Iciar Álvarez, Mónica Viqueira e Hugo Gonzalez.
O PSOE, con cinco concelleiros, iguala aos obtidos nas pasadas #Elecciones Municipais de 2019 e o seu candidato, Manuel Pazos Lamoso, integrará a agrupación socialista xunto con Juan Carlos Pérez, Raúl Siso, María José Marcial e Consuelo Fernández. Porén, o Concello de Marín constituirase cunha voz moito máis progresista ao repuntar BNG o número de concelleiros de 1 a 4.
A proposta de Santos convence
Lucía Santos, a candidata de BNG, gaña nestes comicios 4 concelleiros, tres máis que nas eleccións pasadas, e consegue case igualar aos cinco concelleiros dos socialistas con tan só un representante menos.
Convértese así na gran triunfadora da noite electoral, tendo en conta que foi a única que logrou aumentar o seu rango electoral fronte á perda do PP ou o mantemento do PSG-PSOE de Marín.
Sen dúbida, esta foi o titular da xornada: a recuperación do electorado por parte dos nacionalistas de BNG en Marín tras anos de perder adeptos.
A iso contribuíu a non concorrencia doutras formacións políticas de esquerda como Podemos, o que favoreceu que o voto máis progresista se inclinase pola mozo candidata nacionalista. BNG Marín estará representado por Lucía Santos, Celia Magdalena García e José Luis Souto.
Pola súa banda, Juanma Rosales, representante de VOX, non alcanzou a sumar votos nin se queira para un concelleiro, co que queda fóra do principal órgano de goberno local.