A Asociación Pola Defensa da Ría anuncia unha nova marcha o 25 de xuño contra Celulosas

A Asociación pola defensa da Ría (APDR) anuncia unha nova marcha contra a celulosa o domingo 18 de xuño ás 18 horas con salida das alamedas de Marín e Pontevedra.
5 de junio de 2023
celulosa

O #FuturoSenEnce volve a estar presente na ría de Pontevedra hoxe, Día do Medio Ambiente. A Asociación pola defensa da Ría (APDR) anuncia unha nova marcha contra a celulosa o domingo 25 de xuño ás 12 horas con salida das alamedas de Marín e Pontevedra.

Baixo o lema xeral «Non renunciamos a futuro sen ENCE na ría», a APDR manifesta «ningunha decisión xudicial arbitraria e inxusta como a recentemente ditada polo Tribunal Supremo nos vai impedir seguir loitando por recuperármolo».

O presidente da APDR Antón Masa afirma que «esta nova movilización enmárcase na liña de actuación iniciada coa edición anterior, na loita polo futuro da comarca, un futuro que non ten volta atrás e que pasa inevitábelmente pola saída de ENCE da ría. Por que Pontevedra ten dereito a recuperar o seu medio ambente, a súa economia, a súa saúde e calidade de vida».

ría de pontevedra
Fonte APDR

Nova marcha

«Nesta nova Marcha, queremos transmitir á cidadanía da comarca, máis tamén á de toda Galiza, que seguen existindo moitas vías legais para impedir a perpetuación da empresa na nosa Ría, e que desde a APDR non imos regatear esforzos para utilizalas», según notificou a ADPR.

A asociación mantén íntegra a convicción de que a Xustiza dará a razón e confirmará a nulidade da prórroga de 60 anos a ENCE.

Os responsables da asociación afirman que mentras non se produza esta inevitábel solución, seguiran mobilizando a toda a sociedade.

«O traballo realizado pola escola superior de arquitectura da Coruña en colaboración coa nosa asociación e/o Concello de Pontevedra, deixa patente que é posible recuperar a zona da ría roubada no seu día pola celulosa» según la ADPR.

ence

Deja un comentario

Don't Miss