Lucía Santos, representante del BNG, con cuatro concejales en el Concello de Marín, anuncia que “o BNG de Marín ven de crear un “buzón cidadán”, mediante un buzón na sede da praza da Veiguiña nº7 e unha conta de correo electrónico “bngmarinescoita@gmail.com”, que será unha canle de comunicación coa veciñanza, onde poden trasladarse suxerencias, comentarios ou queixas coa finalidade de mellorar a calidade de vida dos e das marinenses.”
Nas pasadas eleccións municipais o BNG de Marín presentou un amplo programa no que un dos seis apartados nos que se dividía estaba adicado á Administración Local.
Para o BNG é unha prioridade facer un Marín máis transparente e cun goberno aberto, pois “cremos que as veciñas e os veciños de Marín merecen un Concello onde a transparencia e a participación sexan principios básicos de actuación”, en palabras de Lucía Santos, portavoz do BNG de Marín.
O Concello é a administración máis próxima á veciñanza polo que Santos afirma que “o BNG aposta por propiciar un proceso de transformación do concello para garantir unha administración que inspire confianza, aberta e receptiva ás demandas cidadás.”
E engade que “cómpre abrir paso a un novo xeito de facer política e de administrar os intereses colectivos, apostando por un proxecto integral, participativo e solidario onde a veciñanza sexa a protagonista activa do deseño das políticas locais.”
No programa das pasadas eleccións o BNG propoñía a “creación na web municipal dun “buzón cidadán” para que a veciñanza poida informar de danos, incidencias ou averías nos espazos públicos.”
Malia os excelentes resultados nas pasadas eleccións municipais, que fixeron que o BNG cuadruplicara a súa representación na Corporación municipal, o BNG estará na oposición nos vindeiros anos.
Mais Lucía Santos manifesta que “o BNG vai actuar en consecuencia co programa que presentou e neste sentido facilitará a participación da veciñanza na vida do noso concello.” Ao mesmo tempo, “o BNG intensificará o seu papel como canle de comunicación da veciñanza para trasladar as súas demandas ao Concello.”