Ramallo cobrará 62.906 euros en 2023, 15.265 euros máis que en 2011

A retribución de Alcaldía será de 62.906,72 euros brutos anuais, unha cantidade igual á que se lle asigna ao posto de Secretaría Xeral, tal e como se leva facendo desde hai máis de 10 anos.
30 de junio de 2023
concello de marín salario

O Salón de Plenos do Concello de Marín acolleu esta tarde ás 20.00 horas o Pleno Organizativo que corresponde celebrar en sesión extraordinaria dentro dos 30 días que preceden á toma de posesión. O obxectivo do mesmo é resolver a constitución oficial dos grupos políticos e dos seus integrantes, así como de organizar o traballo municipal en torno ás sesións plenarias, as comisións informativas, as retribucións e a dotación de persoal eventual. Polo seu tamaño, a normativa indica que Marín ten dereito a contar con 10 dedicacións exclusivas e 7 postos eventuais.

Sen embargo, tal e como expuxo o tenente alcalde, Manuel Santos, manteranse só as 4 dedicacións exclusivas coas que xa se viña traballando no último mandato e únicamente crearase 1 nova praza de eventual, co fin de regularizar a prestación dos servizos de comunicación que se viñan prestando e que tamén apoian as necesidades desta índole asociadas aos fondos europeos. Destas catro dedicacións, explicou Santos, ocuparanse só tres, tal e como se ven realizando neste último mandato.

As retribucións a percibir por parte das persoas con dedicación exclusiva homológanse ás categorías funcionariais correspondentes. A retribución de Alcaldía será de 62.906,72 euros brutos anuais, unha cantidade igual á que se lle asigna ao posto de Secretaría Xeral, tal e como se leva facendo desde hai máis de 10 anos.

Para a Tenencia de Alcaldía e Concellería de Urbanismo e Facenda establécese unha retribución bruta anual de 52.821,98 euros, homologada a un funcionario do Grupo A1 cun incremento de 6.000 euros anuais.

No que respecta á Concellería de Medio Ambiente, Cultura, Benestar e Igualdade, serán asignados 49.821 euros brutos anuais, homologados a un funcionario do Grupo A1 cun incremento de 3.000 euros anuais. Finalmente, a Concellería de Medio Rural, cuarta dedicación exclusiva do Concello, contará cunha retribución de 46.821,98 euros brutos anuais, correspondente a un persoal funcionarial do Grupo A1.

No que respecta ao persoal eventual, mantense o posto xa existente de sercretario/a de Alcaldía, cunha retribución asimilada á dun funcionario administrativo C1, acadando os 27.089,52 euros brutos anuais.

Por outra banda, créase un posto eventual para os servizos de responsable de comunicación, equiparable a un funcionario do Grupo A1 cunha rebaixa de 6.000 euros, polo que queda unha retribución de 40.821,98 euros.

Tal e como se explicou na sesión plenaria, as retribucións propostas están dentro da horquilla que permite a Lei de Presupuestos Xerais do Estado para os concellos da categoría poboacional de Marín e levaban sen experimentar ningunha actualización desde hai máis dunha década.


Plenos da Corporación, Xunta de Goberno Local e Comisións Informativas

A sesión plenaria desta tarde serviu tamén para fixar as sesións ordinarias do Pleno da Corporación, que serán o segundo xoves de cada mes ás 20.00 horas. Cada concelleiro (a excepción dos que xa contan con dedicación exclusiva) percibirá pola asistencia á sesión 220 euros.

Por outra banda, fixouse a convocatoria da Xunta de Goberno Local como semanal e a asistencia a este órgano (a excepción dos que teñen dedicación exclusiva) será de 130 euros por membro.

Finalmente, creáronse 7 Comisións Informativas correspondentes coas áreas de Goberno e que son:

  • Urbanismo e Facenda
  • Medio Ambiente, Cultura, Benestar e Igualdade
  • Deportes
  • Medio Rural
  • Turismo e Comercio
  • Seguridade e Mobilidade
  • Promoción Económica e Patrimonio

A composición dos membros das mesmas segue un criterio de proporcionalidade, de tal xeito que estarán compostas por 1 presidente/a do PP, 3 concelleiros/as do PP, 2 do PSdG-PSOE e 1 do BNG.

ramallo

Deja un comentario

Don't Miss