A estrada que une Lapamán coa Coviña e Casás pasará a ser de dirección única.

1 de julio de 2023
estrada lapamán

O Concello de Marín, a través da Concellaría de Seguridade e Mobilidade, informou este venres día 30 de xuño que o vial que une Lapamán, A Coviña e Casás pasará a ter dirección única.

Esta decisión foi tomada debido á situación actual do tráfico nesta zona, onde o ancho da estrada non é suficiente para manter a dobre dirección, o que causa graves retencións e problemas cando dous vehículos se encontran nun tramo do vial.

Deste xeito, o vial pasará a ter dirección única ata chegar aos Talleres Rodal e conectar coa PO-551. Tras realizar distintos traballos de sinalización, o obxectivo é que esta nova dirección única poida entrar en vigor desde mañá pola mañá, xa que durante o verán e en bo tempo é cando se presentan máis problemas nesta zona.

Deja un comentario

Don't Miss