A Xunta inviste 82.000 euros no IES Chan do Monte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, supervisou as obras de reparación da fachada e da cuberta no edificio dos talleres, que se están a desenvolver neste verán, xunto á alcaldesa de Marín, María Ramallo, e outros representantes educativos.
27 de julio de 2023
chan do monte

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, vén de poñer en marcha unha dobre intervención no IES Chan do Monte de Marín que implicará a mellora da parte dianteira e a cuberta de certos edificios deste centro, así como a instalación de elementos enfocados á súa eficiencia enerxética cun investimento total de preto de 82.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, supervisou esta mañá as obras de reparación da fachada e da cuberta no edificio dos talleres deste instituto durante unha visita realizada xunto á alcaldesa de Marín, María Ramallo, o xefe territorial de Educación, César Pérez, membros do goberno local, responsables da unidade técnica da consellería e representantes da comunidade educativa.

chan do monte marín

Obras remataránse ante do inicio do próximo curso escolar

Esta actuación está a desenvolverse ao longo do presente verán co obxectivo de rematar antes do comezo do próximo curso académico e comprende a estabilización e reparación das fendas abertas na parte dianteira e a reforma da cuberta da ampliación do último corpo de talleres situado na planta baixa na contorna oeste do bloque central. Esta obra ten un orzamento de máis de 48.000 euros.

«Estamos a executar unha mellora importante neste instituto de Marín, pero é que ademais desde a Xunta imos acometer, este mesmo ano, outra actuación de eficiencia enerxética consistente na dotación dunha instalación fotovoltaica que vai mellorar o rendemento e a confortabilidade deste centro, algo que consideramos fundamental para que os seus centos de alumnos, o profesorado e o resto dos traballadores estean nas mellores condicións«, explicou Agustín Reguera.

Próxima licitación dun proxecto de instalación fotovoltaica

A Consellería de Educación está a tramitar na actualidade a licitación dun proxecto de instalación fotovoltaica para autoconsumo de 17,5 kilovatios con conexión red e trinta módulos que se situarán sobre a cuberta inclinada do edificio de ampliación próximo ao corpo central do instituto marinense. Dita actuación, que quedará rematada e entrará en funcionamento este mesmo ano, ten un orzamento de 33.280 euros.

Nestes momentos, ademais das grandes obras de rehabilitación enerxética e funcional, estamos a realizar actuacións de menor calado en máis de trinta colexios e institutos da provincia de Pontevedra que son fundamentais para aumentar a súa confortabilidade e para ilos adaptando ás necesidades e esixencias do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica e que confirman o absoluto compromiso da Xunta co noso sistema educativo público”, rematou o delegado territorial.

Deja un comentario

Don't Miss