As fillas de Galicia

Hai máis de 90 anos os galegos fomos pioneiros no que a emigración refírese. As nosas fotos despedindo a familiares que ían facer “ as Américas” nos portos de Coruña e Vigo deron a volta ao mundo. De alá chegábannos noticias de grandes fortunas conseguidas a forza de traballo duro e que eran a recompensa a un gran esforzo pero que era das mulleres emigrantes? habíaas? a que se dedicaban?...
25 de julio de 2023

Hai máis de 90 anos os galegos fomos pioneiros no que a emigración refírese. As nosas fotos despedindo a familiares que ían facer “ as Américas” nos portos de Coruña e Vigo deron a volta ao mundo dende Galicia. De alá chegábannos noticias de grandes fortunas conseguidas a forza de traballo duro e que eran a recompensa a un gran esforzo pero que era das mulleres emigrantes? habíaas? a que se dedicaban?…

Da mesma maneira que miles de mulleres chegan hoxe en día ata España procedentes dos seus países de orixe, crendo facer unha viaxe desde o mundo da miseria e a precariedade para por fin obter unha recompensa ao traballo que realizarán ao cruzar as nosas fronteiras, durante os anos de emigración galega e posteriores á instauración da República en España, moitas galegas tamén se embarcaron cara a América.

Se analizamos a evolución da poboación de Marín a ao longo dos primeiros tempos da emigración, veremos uno retrocesos notables no crecemento demográfico e coinciden coas épocas de maior emigración nesta poboación (e doutros pobos costeiros): 1900-1910. Non esquezamos que o feito de vivir en zona de costa fai que as noticias dunha vida allende os mares sempre chega antes á poboación. América converteuse na meta de much@s galleg@s atraídos polas noticias de prosperidade en Arxentina, Cuba, Uruguai, Brasil e Venezuela. No caso dos comerciantes de Marín, sentían notable preferencia por lugares como Córdoba de Arxentina ou Valencia de Venezuela.

Ilusións truncadas

lei española de emigración do 22 de decembro de 1907 rezaba que “serán considerados emigrantes a efectos desta Lei, os españois que se propoñan abandonar o territorio propio, con pasaxe retribuída ou gratuíta de terceira clase, ou doutra, que o Consello Superior de Emigración declare equivalente, e con destino a calquera punto de América, Asia ou Oceanía”. No caso das mulleres, dicía no seu artigo número 5, que ademais doutros requisitos legais (a posesión dun pasaporte, o non estar en idade de quintas etc.) estaba o de viaxar co beneplácito paterno ou do cónxuxe, no caso de ser muller casada.

Como cifra orientadora, nos rexistros oficiais figuran nos portos galegos un total de 601 embarcos de mulleres entre os meses de marzo, abril e maio de 1915. Pero sorprendentemente e o 9 de abril dese mesmo anos aparece unha regulación especial do Consello Superior de Emigración para todas estes buscadores do seu soños americano; dirixida ao inspector de emigración de Vigo dicía o seguinte: “que ata nova orde, resolva e permita o embarque, segundo crea procedente e baixo a súa responsabilidade”… detrás desta advertencia se oficializaba a voz de alarma: ao chegar aos seus destinos moitas destas mulleres eran captadas por intermediarios de inmigrantes que facéndose pasar por noivos ou familiares obrigábanas a prostituírse.

Algo alonxado no tempo, pero non na realidade do que quizás esté a acontecer en moitas zonas da España actual.

Prostitutas por obriga

A feminista cubana Hortensia Lamar denunciaba este feito nunhas conferencias de 1925: “A española que vén honrada a traballar, a reunir moito diñeiro para mandar á súa aldea. Moitas na travesía sucumben, as demais aquí, onde as sociedades rexionais non lles dan protección algunha. A maioría é explotada polos propios paisanos, os eternos curmáns protectores, ou o noivo que nunca falta, e que xeralmente as seduce e abandona logo, e así, de banzo en banzo vai rodando á abxecta escravitude de onde non volve saír”. O profesor Julio César González Pagés, doutor en Ciencias Históricas pola Universidade da Habana recolleu e pblicou na súa obra “Las hijas de Galicia” numerosos datos acerca dos expedientes de galegas que tras ser enganadas e obrigadas a prostituírse son abandonadas e o seu analfabetismo e miseria lévanas a delinquir.

Talvez por iso, segundo os expedientes históricos de penais cubanos creados para as mulleres a partir de 1909, de máis de 2034 sentenzas, entre nacionais e estranxeiras, a ampla maioría correspóndese con mulleres galegas de entre 25 e 40 anos sen emprego fixo, sen estudos, solteiras e procedentes das provincias de Lugo e Ourense. González Pagés rescatou destes expedientes historias como a de Branca García Díaz, alias “a rapaciña” que con 31 anos conta como foi introducida na marxinalidade polo seu tío, quen a violaba desde os 15 anos, obrigándoa a manter relacións con el e o seu primo.

Cando esta tratou de denunciar os feitos, botárona á rúa onde a súa vida encheuse de conflitos e enfermidades venéreas. O mesmo dinos sobre o expediente de María García Martínez, coruñesa de 18 anos, que conta como foi utilizada para fotografías e actos pornográficos desde os 14 anos ata terminar na prostitución da man dun proxeneta que a agrediu cun corte na cara por non poder pagar, por mor de todo iso roubos e estafas acaban con ela no cárcere.

De Solidariedade Pontevedresa a Fillas de Galicia

Ante tal cantidade de despropósitos acabará xurdindo a voz dunha institución rexional fundada o 16 de xuño 1912 e denominada “Solidariedade Pontevedresa”. Según consta no libro de actas «los hijos de la provincia de Pontevedra residentes en la  ciudad en número de más de cincuenta fueron convocados por la prensa diaria» sendo elexidos como mebros da Xunta de goberno: Ramiro García, Emilio Abal, José Méndez, José Berridy, Justo Calvo, Juan Casal, Rufino Meis,  Manuel Vicente, Francisco Carracedo, Benito Rey Doce, Adolfo Méndez, José  Pesado, Ignacio Vila, Gumersindo Piay, Manuel Vidal. Como socias fundadoras de  esta asociación estuvieron Rosa Berridy Carbonell, Joaquina Carbonell de  Berridy, Rosa Ferie de Méndez, Josefina Farías, y Carmen de la Torre. O acto constitutivo tería lugar no salón de xuntanzas do Centro Gallego.

A institución Solidaridad Pontevedresa, ademais de denunciar a situación das súas paisanas na emigración, propoñerase axudalas, fronte á pasividade doutras institucións do momento. Para iso nunha sesión do 11 de Xaneiro de 1914, o novo presidente Jesús Rodríguez Bautista, decide reformar o Regulamento desta Sociedade co fin de construír un sanatorio para a comunidade galega.

Así xurdirá o proxecto co que se crearía en 1917 á Institución “Fillas de Galicia”. Así na Xunta Xeral do 18 de Xaneiro a Asociación Solidariedade Pontevedresa decide constituírse por unanimidade na Sociedade “Fillas de Galicia”, Sociedade Sanitaria e de Auxilio Mutuo. A institución benéfica encargaríase desde entón de prestar atención ás necesidades físicas, económicas e morais daquelas galegas que así o requirisen.

Hospital «Concepción Arenal»

Ademais diso a institución converterase nunha abanderada da loita polos dereitos destas mulleres e a partir de 1924 entre os seus obxectivos e peticións estaría a de conseguir para as emigradas galegas un mellor trato por parte mesmo das autoridades cubanas no momento de entrar no país. Será ademais nese mesmo ano cando se planifique a compra duns terreos en Luyano para a construción do Hospital “Concepción Arenal” das Fillas de Galicia.

O servizo médico estenderíase desde ese momento a diversas zonas da Habana e así en 1926 as “Fillas de Galicia” terían xa delegacións noutras provincias. Desta maneira “Fillas de Galicia” acabaría converténdose na maior asociación do mundo de emigradas galegas e os seus descendentes, cunha cifra que no ano 1960 excedía as 58.000 mulleres. 

A súa localización no barrio Luyanó da Habana, na Nova Galicia respondeu tamén ao feito de que a súa cercanía ao porto facía que fóra un lugar ideal para traballar nas empresas da zona e que esta se enchese da galeg@s emigrad@s.

Na actualidade a sociedade xa non existe, pero o Hospital segue alí, en pé,  a pesar de que o paso dun tornado en 2019 fixo moita merma nas súas instalación que tiveron que ser reparadas. Co nome de Hospital Universitario Gineobstetricio Diez de Octubre e con moitas descendentes de galegas en persoal, Fillas de Galicia lembra ás mulleres que hoxe saen cada día dos seus países, que empezar de cero nunha nova terra é fácil sempre que haxa alguén disposto a axudar. 

Ler máis sobre este proxecto no libro dixital Gallegas en Cuba

5 Comments

Deja un comentario

Don't Miss