BNG de Marín solicita que se melloren a organización de eventos multitudinarios con sanidade e servizos públicos

José Souto solicita ao goberno local que “debe asegurar a colocación de suficientes baños portátiles nos eventos multitudinarios.”
27 de julio de 2023
eventos marin
O BNG cre que os eventos multitudinarios que se celebran no concello de Marín poden mellorarse tanto para as persoas que participan nos actos como para a veciñanza que vive nas zonas próximas ao lugar da celebración dos mesmos.

O Decreto 226/2022, do 22 de decembro, polo que se regulan determinados aspectos da organización e desenvolvemento dos espectáculos públicos e actividades recreativas, no seu artigo 14 establece a cantidade de servizos sanitarios portátiles en función do número de asistentes aos eventos. Ante a resposta da alcaldesa, María Ramallo, de que non lle gustan os servizos sanitarios portátiles, José Souto lembroulle que «non se trata de se nos gustan ou non, trátase de que está establecido por lei e hai que cumprila.».

Souto afirma que «a colocación de máis baños portátiles reduciría o número de ouriños que, lamentablemente, veñen producíndose nas nosas rúas e nas vivendas dos nosos veciños e veciñas cada vez que hai evento con gran afluencia de público.”. E pediu que se teña en conta para vindeiros eventos como as Festas de Marín, Festa Corsaria, San Migheleiro, verbenas, concertos, etc..

José Souto afirmou que ao BNG parécelle ben a celebración dunha concentración de motos na vila, pois é algo que «dinamiza o noso concello e enche de vida Marín durante os días da súa celebración.» Pero considera que de cara ao futuro hai aspectos mellorables no que se refire á organización do evento para beneficio de todas e todos.

Son moitas as queixas que recibe o BNG da veciñanza do centro histórico en relación a que moita xente ouriña na rúa, en paredes ou portais das vivendas durante a celebración de eventos con moita afluencia de público. O concelleiro do BNG, José Souto, solicitou ao goberno local no pasado Pleno da Corporación municipal celebrado o pasado xoves 13 de xullo que «debe asegurar a colocación de suficientes baños portátiles nos eventos multitudinarios.«.

Mellora de eventos para o futuro

José Souto solicitou que o goberno local estableza en futuras edicións «unha mellor organización para evitar a circulación das motos durante a noite por determinadas rúas do casco urbano.» Lembrou que o Real Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galiza, recolle a necesidade de «elaborar, tramitar, aprobar e revisar os mapas de ruídos e plans de acción en materia de contaminación acústica correspondentes ás aglomeracións», sendo competencia do departamento de medio ambiente e benestar social.

O concelleiro do BNG manifesta que «as emisións sonoras inflúen sobre a vida diaria da cidadanía polo que o ruído ambiental ten a consideración de elemento perturbador do benestar e calidade de vida, sendo, por tanto, necesaria a actuación contra o mesmo, para protexer a saúde pública e o medio ambiente

A resposta da concelleira Marián Sanmartín afirmando que Marín carece dun sonómetro e que non ten ningún estudo sonoro da actividade «non parece moi afortunada». É preciso tratar con seriedade toda clase de eventos para que a súa celebración sexa beneficiosa para todas e todos.

Jose Souto
José Souto Piñeiro, concelleiro do BNG no concello de Marín

Deja un comentario

Don't Miss