O xoves 27 de xulio presentóuse na Alameda unha nova edición da Carreira +10 Marín Manuel Rosales, que terá lugar hoxe na vila. A proba en categoría absoluta desputarase a partir dás 22.00 horas e terá saída dende a Avenida de Ourense e chegada á Rúa Almuíña. O percorrido terá unha distancia de 10 quilómetros totalmente planos e sen desniveis.

As categorías escolares, que non serán competitivas, comezarán ás 20.40 horas. No resto, haberá premios para os tres primeiros de cada categoría. Participarán, ademáis, Jesús España, campión de Europa de 5.000 metros e Jorge Blanco, campión de España de maratón en 2022.

