O BNG solicita ao goberno local de Marín que os colexios electorais do 23 de xullo sexan plenamente accesibles para persoas con dispacacidades. Lucía Santos sostén que é esencial garantir a accesibilidade universal para que todas as persoas poidan participar en igualdade na sociedade. Ela recorda que, nas últimas eleccións municipais do 28 de maio, atopáronse con que non todos os colexios electorais estaban adaptados para facilitar o exercicio do dereito ao voto para as persoas con discapacidade ou con problemas de mobilidade, sendo isto responsabilidade do goberno local.
No Pleno celebrado o pasado 22 de xuño, para a designación, por sorteo, dos membros das mesas electorais, Lucía Santos, a portavoz municipal do BNG, solicitou que se garanta a plena accesibilidade dos colexios electorais durante a xornada do 23 de xullo, cando se celebrarán as próximas eleccións xerais. Ela reafirma a importancia da accesibilidade universal como un dereito básico para que todas as persoas poidan participar en igualdade na sociedade. A portavoz do BNG destaca que as eleccións son momentos fundamentais no funcionamento da nosa sociedade, nos que a cidadanía ten a oportunidade de escoller os seus representantes, por iso é necesario facilitar a participación de todas as persoas.
Lucía Santos lembra que nas últimas eleccións municipais do 28 de maio, tiveron a desafortunada constatación de que nem todos os colexios electorais estaban adaptados para facilitar o dereito ao voto das persoas con discapacidade ou con problemas de mobilidade, o que é responsabilidade do goberno local. Un exemplo notorio diso ocorreu no colexio electoral situado no pavillón de deportes do Instituto Illa de Tambo, onde dúas apoderadas do BNG tiveron moitas dificultades para acceder e saír do recinto debido á existencia dun escalón de grande altura.
Lucía Santos reafirma a necesidade de avanzar cara a unha sociedade na que todas as persoas poidan participar en igualdade. A accesibilidade non pode depender de favores ou actos de caridade, pois é un dereito. É preciso dar pasos para que todos e todas poidamos desfrutar dunha vida digna.
Ademais, o BNG informou á Xunta Electoral nos últimos días sobre o acontecido no colexio electoral do pavillón Illa de Tambo, co fin de que se tomen as medidas necesarias para evitar que se repitan situacións tan desagradables como esta no futuro.
Que en el 2023 estemos hablando de este tema cuando hay una ley que protege este tipo de situacines, me parece cuanto menos sorprendente, por no definirlo de otra manera. Las personas con movilidad reducida en ciertas partes de Marín no puede:
Votar
Hacer un testamento, es denigrante tener que firmar tu testamento en la puerta del notario. ( A mi me sucedió)
Ir a un juicio. Cada vez que tengo que ir al juzgado tengo que pedir a la persona de seguridad que me ayude.
Sin comenta los negocios privados.
Y como esto mil cosas mas, creo que en este caso hay algo que cambiar, pero si no hay voluntad…….. seguiremos muchos años mas para poder hacer una vida «igual» que cualquier persona