O BNG solicita reducir o consumo de auga en verán

O concelleiro do BNG no concello de Marín Tino Iglesias considera necesario “a emisión dun bando informativo co fin de preservar un ben tan esencial como é a auga apelando ao civismo e á responsabilidade da veciñanza".
20 de julio de 2023

O concelleiro do BNG no concello de Marín Tino Iglesias considera necesario “a emisión dun bando informativo co fin de preservar un ben tan esencial como é a auga apelando ao civismo e á responsabilidade da veciñanza para reducir o consumo da auga nestes meses de verán, cun espíritu construtivo e de concienciación medioambiental”.

Aínda que a situación actual de reservas de auga nas distintas demarcacións territoriais da demarcación hidrográfica Galicia-Costa é notoriamente superior ca existente hai agora un ano, o BNG de Marín considera necesario á vista do incremento exponencial do consumo nas últimas semanas e a previsión de ausencia de chuvia nos próximos meses, “a emisión dun bando informativo co fin de preservar un ben tan esencial como é a auga apelando ao civismo e á responsabilidade da veciñanza para reducir o consumo da auga nestes meses de verán, cun espíritu construtivo e de concienciación medioambiental”, en palabras de Tino Iglesias, concelleiro do BNG.

Tino Iglesias
Tino Iglesias, concelleiro do BNG de Marín

Propostas do BNG

Tino Iglesias trasladoulle esta solicitude ao goberno local no último Pleno da Corporación, e propón unha serie de medidas:

  • Uso razonable e preferente da ducha en vez do baño.
  • Pechar o grifo cando non se estea utilizando.
  • Rega das plantas pola mañán ou ao atardecer para que non se evapore a auga.
  • Uso de electrodomésticos con carga completa (lavadora, fregapratos,…)
  • Reparar calquera goteo ou fuga.
  • Restrinxir no posible o lavado de coches, baldeos de espazos e o recheo de piscinas.

O concelleiro do BNG manifesta que “non solicitamos nin consideramos necesario neste momento a adopción de medidas especiais, como as tomadas o pasado verán”, que motivaron a suspensión de servizos municipais como:

  • O baldeo e limpeza dos espazos públicos.
  • Duchas, lavapés e lavamans nas praias.

Deja un comentario

Don't Miss