O PSOE de Marín emitió onte un comunicado criticando as Festas do Carmen deste año e censurando a falta de previsión polas condiciones meteorolóxicas e os 40.000 euros da actuación do concerto de Abraham Mateo. «Sabendo que ía chover con varios días de antelación, non se quixo contratar unha carpa para cubrir o escenario e que se puidese celebrar igualmente a pesar do mal tempo. O resultado foi centos de rapaces agardando baixo a choiva, e o concello de Marín pagou máis de 40.000€ e ao final non houbo concerto. Todo isto por non querer instalar unha carpa», explica el comunicado de la oposición.
Este ano, o número de asistentes en comparación con outros anos foi moi inferior. Xa só con dar unha volta, podíase observar mesas libres nas terrazas, algo impensable en anos anteriores. A maioría da xente tamén compartía esa mala valoración sobre as festas, como se pode comprobar nas redes sociais. Incluso os artesáns advertiron do baixo nivel de vendas comparado con anos anteriores.
Por último, destaca no seu comunicado ao PSOE de Marín o gran número de menores bebendo alcohol no paseo Alcalde Blanco, ante o total pasotismo do goberno local, que só actuou tímidamente unha vez que o partido socialista denunciou esta situación no pleno.
Por estes motivos, a valoración que fai o PSOE Marín das festas do Carme deste ano é negativa. Foron unhas festas mal planificadas, pouco orixinais e onde se puido apreciar a falta de interese do goberno local.