A Alcaldesa de Marín recibe os guardiamarinas da Escola Naval

26 de agosto de 2023
novos guardiamarinas

A alcaldesa, María Ramallo, deu unha benvida no Salón de Plenos do Concello á nova xeración de estudantes que emprenden a súa formación neste mes de setembro coa aspiración de transformarse nos futuros líderes e expertos da Armada.

O grupo de 110 mozos e mozas que agora inician este percorrido académico foi eloxiado pola alcaldesa, quen subliñou os impresionantes esforzos que realizaron para chegar ata aquí. Superar unha nota de corte especialmente alta amosa un nivel exemplar de compromiso coas súas tarefas académicas. «Estes días», expresou Ramallo aos estudantes, «son unha fase moi intensa, repleta de cambios e supoñen dar o primeiro paso nesta nova etapa vital que, sen dúbida, cambiará o rumbo das vosas vidas para sempre».

Este ano reviste unha significación especial para os lazos de Marín coa Escola Naval, dado que se celebran 80 anos dende que a institución militar estableceuse na nosa vila. A alcaldesa comparou este feito coa idea dun «campus universitario» que sitúa Marín no mapa e que seguramente se converterá nun espazo ao que os estudantes retornarán con frecuencia para rememorar este valioso período da súa formación.

Recoñocemento as mulleres

Ramallo tamén quixo dirixirse ás mulleres que forman parte deste novo grupo de promoción, recoñecendo os avances pero recoñecendo tamén a necesidade de continuar avanzando cara á igualdade de xénero. «Aínda que o número de vós medre constantemente, o camiño a percorrer é aínda longo», afirmou. A cerimonia concluíu coa tradicional fotografía de grupo nas escaleiras de entrada ao edificio do concello.

Deja un comentario

Don't Miss