O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde axudas para dar continuidade no curso 2023-24 á gratuidade das escolas infantís e puntos de atención á infancia de titularidade municipal para o 100 % do alumnado. O importe destinado a esta liña de axudas é de 7,7 millóns de euros e está previsto subvencionar a 138 centros de toda Galicia.
As entidades que se acollan a estas axudas recibirán un pagamento anticipado do 100 % das cantidades correspondentes á primeira anualidade e de ata o 90 % da achega que corresponda ao ano 2024. A partir de mañá ábrese o prazo de presentación de solicitudes dos días 1 ao 30 do vindeiro mes de setembro.
Con esta medida, a Xunta asume as contías que terían que aboar á escola infantil municipal unhas 6700 familias galegas durante once meses, as cales non terán que pagar nada pola atención educativa de 0 a 3 anos dos seus fillos. Estas familias únense ás máis de 23.000 que leven aos seus nenos ás escolas infantís da Xunta, ás de entidades sociais ou ás privadas.