Negro Púrpura, mellor película do I Festival de Cine John Balan Fest

O sábado 26 de agosto celebrouse na Casa de Cultura de Seixo a entrega das estatuiñas na diversas categorías, un evento que celebrábase por primeira vez en Marín no que se rinde homenaxe a John Balan.
27 de agosto de 2023
premiados John Balan Fest

A maxia do cine visitou Marín en forma do I Festival de Cine John Balan Fest. Esta primeira edición foi un éxito rotundo e os amantes do séptimo arte poideron desfrutar dunha selección de películas de diversa temática. O premio a mellor longametraxe foi para Negro Púrpura. A mellor curtametraxe foi para Antes de que se poña o sol do realizador nacido en A Guarda Nani Matos. A mellor webserie recaeu o premio en Proxecto Kirlian. A mellor realización foi para José Fernández del Río, coa sua película Viaje. A mellor interpretación fori para Mela Casal e o Talento Emerxente foi para Anita Pico. Por último, o premio especial do público recaeu en O Home e o can, dirixida por Angel de la Cruz.

Onte sábado 26 de agosto celebrouse na Casa de Cultura de Seixo a entrega das estatuiñas na diversas categorías do evento. A forma das estatuiñas era un sombreiro de prata. A salón de actos estaba repleta de xente que acudían a un evento cultural que celebrábase por primeira vez en Marín no que se rinde homenaxe a figura de John Balan, un marinense nacido en Seixo que foi un artista afeccionado sobre todo o cine de vaqueiros e que deixou unha grande impronta na xente que o coñeceu.

Houbo un intento de asalto por parte dun foraxido que interrumpiu a entrega de premios nada máis comezar o acto. Afortunadamente, todo quedou nun divertido incidente que en certo modo homenaxeou a figura de John Balan.

Sombreiro dourado a Manquiña

Destacar a presencia na entrega de premios do gran actor galego Manuel Manquiña que recibiu un sombreiro dourado otorgado polo festival en forma do Premio honorífico John Balan ás artes escénicas & cinematográficas.

No seu discurso de aceptación destacou a importancia do público que son quenes coa sua presencia fan que o cine trascenda o entretenemento, sendo un poderoso medio cultural y artístico. Ademáis, tivo unhas fermosas palabras para a súa muller, e a importancia que ten a familia na vida dun artista que viaxa por todo o mundo.

Estiveron representados películas de Galicia, Estados Unidos, Arxentina, Perú ou Uruguai. Espérase que a segunda edición sexa ainda mellor que esta edición e que haxa en Marín máis eventos culturales dos que ata o de agora celébranse.

Gañadoras do JBF2023

O listado de gañadores xunto a nominados nas 7 categorías do evento foi o seguiente:

Sombreiro Dourado – Premio honorífico John Balan ás Artes Escénicas & Cinematográficas

  1. MANUEL MANQUIÑA (Actor) 🎬

Mellor Longametraxe

  1. O HOME E O CAN (Gz)
  2. LLAMARADA (Ar)
  3. NEGRO PÚRPURA (Gz) 🎬
  4. VIAJE (Pe)

Mellor curtametraxe

  1. LIQUE  (Gz)
  2. A RABIA  (Gz)
  3. ANTES DE QUE SE POÑA O SOL  (Gz) 🎬
  4. SAFE (USA)

Mellor Webserie

  1. CASA DE MÁ 2  (Ch-Es)
  2. TITO BILBAO (Ar)
  3. PROXECTO KIRLIAN (Ar) 🎬
  4. BLACK SUNDAY (Ar)

Mellor Realización

  1. ÁNGEL DE LA CRUZ  (O home e o can; Gz)
  2. SABELA IGLESIAS & ADRIANA P. VILLANUEVA (Negro Púrpura; Gz)
  3. ALEJANDRA ALMIRÓN (Llamarada; Ar)
  4. JOSÉ FERNÁNDEZ DEL RÍO (Viaje; Pe) 🎬

Mellor Interpretación

  1. MANUEL MANQUIÑA (O home e o can)
  2. MELA CASAL (Antes de que se poña o sol) 🎬
  3. MARCO ANTONIO MIRANDA (Viaje)
  4. ESTRELLA AGUILAR (Viaje)

Premio Talento Emerxente

  1. Belén Puime (Pringadas)
  2. María Aragón & Alma Alonso (Señora, por favor)
  3. Anita Pico (Lique) 🎬
  4. Paula Chaves (O home e o can)

Premio Cinema Xove

  1. Drag A 2 (IES Audiovisual Vigo)
  2. Váter-Casa-Violín (Universidad de Navarra)
  3. Feetless Shoes (The Balkans Film School)
  4. El Sueño de la Actriz (Universidad de la República de Uruguai)

Galería fotográfica

Diariomarin sacou as seguintes fotografías do evento. Para ver máis información e máis fotografías no dubiden en visitar a páxina oficial do certame: https://johnbalanfest.com/.

Deja un comentario

Don't Miss