O concelleiro do BNG, Tino Iglesias, avogou pola inclusión da Torre do Reloxo no Inventario oficial de Bens Municipais durante o pleno municipal celebrado o pasado 10 de agosto.
No año 2025 cúmprense o centenario da última modificación significativa realizada na Torre do Reloxio, construída orixinalmente na década de 1840. Esta modificación implicou elevar a altura da torre, substituír a maquinaria do reloxo e instalar unha nova campá.
Así mesmo, o BNG destacou a necesidade de realizar un estudo de viabilidade para aproveitar o seu potencial turístico.
A avaliación deste potencial correría a cargo do equipo directivo externo encargado de liderar as iniciativas turísticas de Marín. Tino Iglesias presentou unha serie de propostas para dinamizar a torre:
- Realizar unha limpeza integral tanto do exterior como do interior da torre, acompañada dunha valoración detallada da seguridade das escaleiras. Ademais, suxeriu substituír a actual porta lateral metálica por unha alternativa máis acorde coa arquitectura.
- A pesar de que o reloxo funciona actualmente con sistema electrónico, é imprescindible restaurar a maquinaria orixinal que foi minuciosamente elaborada polo recoñecido artesán Moisés Díaz Santamaría durante finais do século XIX e principios do XX. Díaz Santamaría, propietario da Fundición de Campás Moisés Díez e Fábrica de Reloxos de Torre, instalou uns 650 reloxos semellantes ao de Marín en lugares tan emblemáticos como a Catedral de Zamora, a Torre do Reloxo de Ponferrada, a Catedral de Palencia, a Tabacalera de Toledo e mesmo a Mosteiro benedictino de Nova Norcia en Australia.
- A campá en si ten un valor histórico destacado, xa que foi fundida por Juan Ocampo Barreira de CAMPANAS OCAMPO (Arcos da Condesa). Esta fundición, cunha tradición de catro séculos, encárgase de fundir as campás que decoran lugares destacados como a catedral da Almudena de Madrid e as campás da catedral de Santiago de Compostela.
- Tino Iglesias recomendou a instalación dun panel informativo que detalle a importancia histórica da torre. Ademais, contemplou a posibilidade de organizar visitas guiadas en días puntuais ou en períodos sinalados ao longo do ano, o que suporía un atractivo recurso histórico-turístico á nosa vila.