O BNG de Marín solicita o expediente da Festa Corsaria

Lucía Santos manifesta que "contra as declaracións de María Ramallo presumindo de transparencia nos procesos de organización da festa, no portal dixital do Concello non hai ningún tipo de información publicada."
30 de agosto de 2023
festa corsaria marín

O BNG presentou por escrito ao Concello de Marín o pasado xoves, día 24 de agosto, unha solicitude para acceder ao expediente da Festa Corsaria. A festa ven sendo motivo de controversia debido á suposta falta de transparencia.

Lucía Santos, voceira municipal do BNG, puxo de relevo que «contra as declaracións de María Ramallo presumindo de transparencia nos procesos de organización da festa, no portal dixital do Concello non hai ningún tipo de información publicada«.

O BNG está agora a demandar un acceso completo ao expediente da Festa Corsaria, abarcando informes, facturas, ofertas presentadas, servizos prestados polas empresas adxudicatarias, e calquera posible contratación menor. Esta solicitude basease no dereito legal dos membros do concello municipal, tal e como se establece no Artigo 77 da Lei 7/1985, que regula as bases do réxime local. Este artigo garante aos membros do concello o dereito a obter a información necesaria para efectuar un control e fiscalización do goberno municipal.

A voceira do BNG expresou que «seis días despois de solicitar o acceso ao expediente, non se recibiu resposta algunha.”. Lucía Santos afirmou que «o BNG non vai quedar cos brazos cruzados e tomará as medidas que sexan precisas ante a postura negativa do goberno de María Ramallo a investigar as irregularidades cometidas pola empresa encargada de organizar e xestionar a Festa Corsaria.

A voceira do BNG lamenta o feito de que a alcaldesa non iniciara unha investigación para esclarecer as circunstancias e semella estar exclusivamente enfocada en distorsionar a realidade en torno a un asunto tan grave como a utilización de persoal sen contratos axeitados ou cobertura de Seguridade Social durante un evento tan concorrido como a Festa Corsaria.

Deja un comentario

Don't Miss