O Concello de Marín informa que vanse a iniciar as últimas actuacións de desbroces deste ano 2023. O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, asegura que «nos últimos dez anos melloramos notablemente en materia de desbroces, pasando de acometer algúns moi puntuais a ter un plan integral do municipio, para o que se destinan moitos máis recursos, tanto económicos como humanos«.
As chuvias da primevera e verán obrigaron a reforzar os desbroces de camiños, tanto nas parroquias como no caso urbano. Neste mes de agosto realizaránse traballos nos núcleos na zona 4 que supoñen actuar en:
🌿 A Torre
🌿 Ameal
🌿 Allariz
🌿 Cadrelo
🌿 Candóns
🌿 Cernello
🌿 Currás
🌿 Esperela
🌿 Fixón
🌿 Igrexario de Santomé
🌿 Miñán
🌿 O Pozo
🌿 Oubiña
🌿 Pardavila
🌿 Pastoriza
🌿 Ruanova
🌿 Silvestre
🌿 Sobreias
🌿 Troncosa
Tamén van comezar os traballos de limpeza e desbroce do itenerario peonil que une a Escola Naval con Lapamán a través da estrada PO-551. Nos próximos días levarase a cabo tamén a senda na PO-313 entre Coirados e Cadro e as beirarrúas de San Xulián. Estes traballos faránse simultáneamento xunto co repaso de zonas nas que se desmadrou a maleza despois de ser desbrozadas en primavera: A Raña, Viñas Blancas, Bravos, Arealonga ou O Pitanxo.
Os montes para septembro
En setembro, o Concello do Marín levará a cabo limpeza de montes. Os montes afectados serán os montes do Barrio de Mogor, Monte Pituco, Monte Casal, Cruceiro do Vento, Monte Teixugueiras e Monte Castro da Subidá.