O Pleno do Concello de Marín, en sesión ordinaria celebrada o 10 de agosto de 2023, deu luz verde á aprobación inicial do expediente de modificación de crédito na modalidade de complemento de crédito. Este expediente, identificado como SC 1.2023, está financiado con cargo ao remanente de tesourería destinado a gastos ordinarios.
Os interesados poidan examinar o expediente e presentar ante o Pleno as reclamacións que consideren pertinentes en 15 días. A modificación orzamentaria entenderase definitivamente aprobada se durante o dito prazo non se presentasen reclamacións. No caso contrario, o Pleno disporá dun mes para atender e resolver as reclamacións presentadas.
O prazo de exposición pública do expediente é de 15 días, segundo o calendario establecido. O Concello de Marín comprométese a garantir a transparencia e a participación cidadá neste proceso de modificación de crédito.
De conformidade co anterior, e en cumprimento do disposto nos artigos 112.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local; 169.1 e 177.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais; e o artigo 20.1 do Real decreto 500/1990, do 20 de abril, o expediente administrativo porase á disposición do público polo prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Por tanto, os prazos comezan a partir de do martes 22 de agosto.
Para máis información: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2023/08/21/2023054839