Mañá ás 13.00 horas no Concello de Marín habrá unha presentación do partido de balonmán entre o Balonmán Cangas e o Vitoria Sport Clube, que se disputará o sábado día 26 na pavillón da Raña a partir das 19 horas.
As persoas encargadas da presentación van ser Antonio Traba, concelleiro de Deportes do concello de Marín, Moisés Simes e Rares Fodorean (xogadores de ASOBAL do Balonmán Cangas), Nacho Moyano (adestrador de ASOBAL do Balonmán Cangas) e Alberto González (Presidente do Balonmán Cangas).