San Xoán e Festividade do Carme, festivos 2024

O Concello de Marín aprobou no pasado pleno da Corporación por unanimidade que os festivos locais para o ano 2024 serán o 24 de xuño, Día de San Xoán, e o 16 de xullo, Día da Virxe do Carme.
15 de agosto de 2023

O Concello de Marín aprobou no pasado pleno da Corporación por unanimidade que os festivos locais para o ano 2024 serán o 24 de xuño, Día de San Xoán, e o 16 de xullo, Día da Virxe do Carme.

Habitualmente elíxense como días festivos municipais a Festividade do Carme, e o 8 de setembro, Festividade da Virxe do Porto, pero dado que no ano 2024, o 8 de setembro cae en domingo, decidíuse fixar como festivo o 24 de xuño, Día de San Xoán, que tradicionalmente ten moito arraigo en Galicia e tamén en Marín, e celébrase con grandes cacharelas na noite do 23 ao 24 de xuño.

Mércores de cinza

A outra data que se valorou foi a do mércores de cinza, coma se decidira neste ano 2023, pero como no 2024 coincide en 14 de febreiro, se decidiu que, dado que é unha data de moitas ventas no comercio pola celebración do Día dos Namorados, e xa sendo festivo local en Pontevedra, decidiuse mantelo hábil en Marín.

Así promover as ventas e o comercio na nosa vila, e quedarse a disfrutar do noso enterro da Sardiña, que este ano estreouse como Festa de Interese Turístico de Galicia.

Deja un comentario

Don't Miss