A Escola Municipal de Música apura as súas últimas vacantes

22 de septiembre de 2023
escola municipal música

A Escola Municipal de Música segue coa matriculación aberta para este curso, agora coa opción do horario de mañá do 18 ao 28 de setembro, de 10.00 a 12.30 horas.

As concelleiras Itziar Álvarez e Mónica Viqueira estiveron reunidas coa dirección e o mestrado da Escola para coñecer como se organizarán as clases neste próximo curso e mostrar todo o apoio necesario do Concello para o desenvolvemento da súa actividade.

Tal e como informaron desde a escola, só quedan vacantes nas seguintes disciplinas:
o Música e movemento (de catro a cinco anos): 8 prazas
o Música e movemento (de seis a sete anos): 16 prazas
o Linguaxe musical (iniciación): 8 prazas
o Violín (iniciación): 14 prazas
o Piano (iniciación): 14 prazas

Deja un comentario

Don't Miss