A exposición “Orgullo da nosa lingua” chega a Marín

A exposición estará exposta do 25 de setembro ao 1 de outubro na Avenida de Ourense, diante da Casa Consistorial, e contará cunha persoa dinamizadora que acompañará aos e ás visitantes.
22 de septiembre de 2023
orgullo da nosa lingua

No marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2023 da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL), en colaboración co concello de Marín, ven de organizar a exposición “Orgullo da nosa lingua: O galego é un tesouro” para compartir.

A exposición estará exposta do 25 de setembro ao 1 de outubro na Avenida de Ourense, diante da Casa Consistorial, e contará cunha persoa dinamizadora que acompañará aos e ás visitantes.

Cinco grandes paneis

“Orgullo da nosa lingua” recolle algunhas das peculiaridades e trazos de identidade do noso idioma e da súa evolución co obxectivo de promover o galego entre todos os sectores da poboación.

Composta por cinco grandes paneis de 1,70 metros de alto e de dúas caras, aborda temas como a riqueza toponímica de Galicia, a abundancia do noso refraneiro, as variedades dialectais, as numerosas palabras que temos para falar da chuvia ou as moitas formas diferentes de chamarlles aos mesmos peixes.

Ademais, o público poderá acceder tamén a premios a través dun código QR dispoñible en cada unha das estruturas da mostra respondendo a un cuestionario sobre a lingua galega e entrando no sorteo de lotes sorpresa, que poderán incluír agasallos como entradas para espectáculos, camisetas, bolsas e moito máis.

Toda a información sobre a exposición está dispoñible no Portal da Lingua Galega. O horario será de luns a mércores de 16.00 a 20.00 horas, e de xoves a sábado: de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

Deja un comentario

Don't Miss