A homenaxe que rendeu culto ás mulleres e homes do mar

O acto matinal complementouse cunha homenaxe que este ano terá como protagonista a Luís Gómez Area, uns dos patróns da frota pesqueira de maior idade do Concello de Marín, que, como moitos outros, axudou a facer grande o noso porto.
25 de septiembre de 2023
museo do mar

A Asociación do Museo do Mar de Marín homenaxeou onte aos homes e mulleres do mar. O festival comezou cun acto pola mañá ás 12.30 horas na Praza 8 de Marzo ca presentación dun espazo efímero, que contará cunha creación da Asociación de Alfombristas de San Martiño, de Moraña, e cunha obra de plástico reciclado, “Inmigración pola supervivencia”, dos artistas Cristina Pino e Gustavo Suasnábar.

No mesmo espazo poderán gozar da obra escultórica “Inmigración por la supervivencia” dos artistas Cristina Pino e Gustavo Suasnábar. O acto matinal complementouse cunha homenaxe que este ano terá como protagonista a Luís Gómez Area, uns dos patróns da frota pesqueira de maior idade do Concello de Marín, que, como moitos outros, axudou a facer grande o noso porto.

III Xornada de Homenaxe

Xa pola tarde, a partir das 18:30 h na Alameda Rosalía de Castro (ou no Multiusos da Praza de Abastos no caso de que chova) tivo lugar o prato forte desta “III Xornada de Homenaxe ás Mulleres e Homes do Mar”. Este ano serán 4 mulleres e 4 homes que dedicaron a súa vida a traballar no mar ou en tarefas relacionadas con este: Consuelo Santiago García, Severino Bouzas Graña, Pascual Rodríguez Ferreirós, Visitación Núñez Castro, Ana González Santiago, Antonio Castro Area, Luis Durán Pastoriza e Mª Dolores Dopazo Barros serán as persoas homenaxeadas.

O acto consistiuna proxección dun vídeo-homenaxe de cada unha delas, realizados por Lukas Santiago, que resumen a súa experiencia vital. O presentador do acto será Nelson Quinteiro e tras a proxección das pezas audiovisuais realizouse a homenaxe pública coa entrega dos obsequios conmemorativos.

Para pechar a xornada a agrupación musical “Máis cantos” dirixida polo mestre Nelson Quinteiro farán, de seguro, desfrutar ao público cunha selección de cancións tradicionais e cantos de taberna.

Deja un comentario

Don't Miss