A maxia infantil chegará a Marín esta fin de semana

12 de septiembre de 2023
festival internacional de maxia infantil

A maxia e o ocio infantil chegarán esta fin de semana á vila marinense cunha nova edición do Festival Internacional de Maxia Infantil, que se celebrará o 15 e o 16 de setembro, e que foi presentada esta mañá pola concelleira Itziar Álvarez e polo Mago Paco, xunto co resto de organizadores e Estrela de Marín.

A programación arrancará o venres 15 de setembro cos “Escaparates máxicos”, funcións de 20 minutos en Five Sport (18.00 a 18.20), Centro Visión Marín (18.30 a 18.50) e Casual (19.00 a 19.20). Xa ás 20.00, será o turno do mago Linaje, na Alameda Rosalía de Castro.

Alameda o Multiusos

O sábado 16, teremos maxia de preto, con pases de 20 minutos entre as 11.00 e as 12.30 horas no acristalado do Multiusos da Praza de Abastos a cargo de Pollo. A partir das 11.30 horas, estará o Mago Linaje no Museo Manuel Torres facendo o seu espectáculo “De rechupete”, pensado para nenos pequenos entre 1 e 4 anos. Será preciso inscrición previa no teléfono 679979292.

Ás 12.30 horas, Cliff the Magician será quen actúe na Alameda Rosalía de Castro, relevado despois ás 17.30 horas por Pollo. Ás 18.30 horas, a maxia trasladarase ao Parque Eguren coa actuación de Adrián Carratalá.

Finalmente, ás 21.00 horas será a Gala Internacional de Maxia na Alameda. Todas as actividades que están programadas alí serán susceptibles de ser trasladadas ao Multiusos en caso de chuvia. Para ver toda la programación y ver el perfil de los magos, no se olvide de consultar el siguiente post:

1 Comment

Deja un comentario

Don't Miss