A Xunta busca promover a innovación no sector naval con ‘Navegando o Futuro’

Os días 13 e 14 de setembro no Centro de Apoio Tecnológico á Indústria Metalomecânica en Oporto e no CIS Tecnoloxía e Deseño en Ferrol, respectivamente retoma a súa actividade este mes de setembro.
1 de septiembre de 2023
sector naval barco

O proxecto europeo Navegando o Futuro, posto en marcha en xuño pola Axencia Galega de Innovación (Gain), a través do CIS Tecnoloxía e Deseño, en colaboración coa Asociación Clúster Naval Galego (Aclunaga) e o Centro de Apoio Tecnológico à Indústria Metalomecânica (Catim), retoma a súa actividade este mes de setembro coa celebración de dúas formacións intensivas (bootcamps) orientadas a promover a adopción de tecnoloxías complexas no tecido empresarial naval da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Os eventos, dirixidos a responsables de compras de empresas do sector, terán lugar o mércores 13 de setembro no Centro de Apoio Tecnológico à Indústria Metalomecânica en Oporto e o xoves 14 no CIS Tecnoloxía e Deseño en Ferrol, respectivamente. 

Con carácter previo a estas xornadas, levaranse a cabo dúas sesións formativas en liña os días 6 e 7 de setembro co obxectivo de familiarizar aos participantes cos conceptos que se poñerán en práctica posteriormente.

Estas accións pretenden facilitar a toma de decisións para a adquisición de tecnoloxías avanzadas acordes ás necesidades das pemes, que permitan mellorar os seus procesos e contribúan a transformar a industria naval.

Forma de inscripción

As persoas interesadas poden inscribirse para o evento do CIS en aclunaga@aclunaga.ese para o do Catim na seguinte ligazón: https://www.projetoscatim.com/events/acao-de-formacao-online-e-bootcamp/form

Navegando o Futuro contempla tamén o desenvolvemento de catro xornadas learning by doing (aprender facendo), que terán lugar no CIS Tecnoloxía e Deseño durante o mes de setembro para espertar novas vocacións tecnolóxicas no sector naval e garantir o relevo xeracional. 

Nestas sesións formativas estudantes universitarios e de ciclos superiores de formación profesional coñecerán de preto os demostradores de realidade virtual e aumentada, control dimensional sen contacto e fábrica virtual desenvolvidos no proxecto Manufactur 4.0, achegándose dunha forma práctica ás tecnoloxías 4.0 que marcarán o futuro do naval. 

Con estas actividades, Navegando o Futuro, financiado con fondos Feder no marco do programa POCTEC 2014-2020, busca consolidar a transición tecnolóxica e promover a innovación no sector naval da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Deja un comentario

Don't Miss