Despois dos primeiros quince días de escola, as librarías fan balance do que está sendo este primeiro mes de aulas. Amaya Rodríguez Lagos, que está ao frente da papelería D´Cores en Marín dende hai sete anos, fálanos dos retos que afronta o sector ante un mercado globalizado e cales son as novidades que máis se demandan no sector para este curso 23-24.
Qué tipo de materiais podemos encontrar na túa papelería?
Amaya: En principio D´Cores está catalogada como papelería e copistería, así que de portas adentro a clientela pode atopar máis de nove mil artigos diferentes e sempre pensados para todo tipo de petos. Temos cadernos, libros de lectura ou de texto, artigos de agasallo e un frontal da tenda adicado aos bolígrafos de todo tipo (tinta normal, xel, tinta viscosa, fluorescentes…) e onde cada ano non deixan de chegar novidades.
Cando notas q empeza a xente a mercar material para o inicio de curso?
Amaya: Pois hai de todo. Hai xente que quere marchar de vacacións tranquila e deixar os asuntos escolares pechados para o inicio do curso seguinte. Esas personas deixan os libros encargados antes de se ir e xa llo xestionamos todo para que o poidan recoller antes, en xullo ou agosto en función dos días das súas vacacións. E despois hai outra que prefire encargar o material en setembro por si houbese cambios ou novidades. Nós, para axilizar todas estas compras, traballamos cun sistema de número de pedido, cando o pedido está preparado chamamos á clientela e ninguén ten que esperar nin estar preocupado de pasar pola libraría constantemente. Tratamos de facilitarlle á vida á xente.
Que é o que máis vendedes ao comezar o curso?
Amaya: Obviamente ao comezar o curso os libros de texto ocupan gran parte da facturación, así como o material escolar que nos chegan en listas que pide o profesorado ou os centros de ensino. Estes productos oscilan entre 20 euros e 80 euros, depende moitas veces do colexio do que cheguen e sobre todo do curso, pois as necesidades son distintas a cada idade. Nestas datas non é raro traballar moitos días ata as once da noite para dar saída a todo canto demanda a clientela.
E ao longo do resto do curso…?
Amaya: Nós traballamos moito no regalo personalizado. As nosas clientas e clientes saben que coñecemos moi ben o noso produto e que además mimamos o xeito en que o preparamos, por iso confían en nós para realizar calquer tipo de agasallo de cumple. Tamén facemos cestas para outros eventos como Nadal, Comunións, etc. Podemos dicir que a personalización e o gusto polo agasallo ben feito é o noso producto “estrela”.
Podemos dicir que en librería también hai «modas»? Cal sería a deste ano?
Amaya: Pois si, hai productos que van trunfando cada ano, os marcadores fosforecentes están moi demandados nos últimos anos. Este ano a moda poderiamos dicir que son os materiais en tonos pastel. Temos máis de 23 cores en ceras, bolis, lápices e o pastel está sendo un furor absoluto.
Pensas que a aparición de libros dixitais fixo mermar a compra de libros de texto?
Amaya: O que fixo foi facer medrar a demanda de fotocopias! As familias quéixanse de que non se poden estudiar certa asignaturas sen suliñar e que resulta moi dificultoso o uso do libro dixital como instrumento de estudo para os nenos e nenas. O libro dixital é cómodo para transportar, pero nós ao final acabamos imprimindo na libraría moito do material que á rapazada lle chega en dixital.
E no tocante á venda de material escolar, aféctavos o auxe das vendas por Internet?
Amaya: No caso dos libros algo afecta. Pero temos que dicir que ás veces as cousas non saen ben con respeto a isto. Hai xente que trata de mercar libro de segunda man, sin embargo que chéganos moita xente que viviu malas experiencias con iso, por unha banda porque os libros en ocasións non lles chegan e por outra, porque o que lles venderon como libro en bo estado, chega en condicións deplorables e non é viable úsalos un curso máis. Ao final, nós pedímoslle todos os libros con urxencia, pero claro, a veces teñen que esperar porque as editoriais a última hora van máis apuradas. Sexa como sexa nós sempre recomendamos a compra en comercio local, porque coñeces á persona que che vende o producto e evitas sorpresas desagradables. Tamén porque é un xeito de dar vida ao pobo e de facer que progrese a economía das familias que viven nel.
Cal é o balance destes sete anos establecida en Marín?
Amaya: Levo vinculada ao sector da papelería dende o ano 98. A empresa na que traballaba trasladoume a Marín, cando conocín o pobo e á xente decidín ficar aquí porque ambos me encantaron, de feito @s marinenses/as que chegan á nosa tenda non forman so parte da clientela, senón que xa son amig@s. É certo que eu son unha persona moi cercana e iso axuda, ou iso me din! (risas) pero eles/as fan o resto. Imaxina polo tanto o contenta que estou de ter montado o meu negocio nesta vila, onde a xente é sempre tan riquiña con nós!