O concelleiro Pablo Novas presentou o cartel cos membros da Agrupación Cultural Landra Verde, organizadores das festas. O atrio da igrexa de Ardán serviu esta mañá como escenario perfecto para presentar as Festas de Santa María de Ardán, patroa desta parroquia, que se celebrarán o 8 e o 9 de setembro.
Na presentación estiveron membros da Agrupación Cultural Landra Verde, acompañados do concelleiro Pablo Novas. Tal e como presentaron, o venres, día 8, as festas xa darán o seu comezo ás 08.00 coa tirada de fogos de Alba.
Coral Polifónica de Bueu
Ás 10.00 horas, haberá pasarrúas coa Banda de Música Artística de Bueu e ás 13.00 horas, unha misa solemne, cantada pola Coral Polifónica de Bueu. Para rematar a mañá, ás 14.00 horas, concerto a cargo da Banda de Música. Pola noite, a partir das 22.00 horas, será a verbena no campo de Carballido, amenizada pola orquestra Os Players e o Trío Azabache.
O sábado, ás 08.00 horas será a tirada de bombas de palenque e ás 10.00 horas pasarrúas coa charanga Os Jalácticos.
Ás 13.00 horas, misa solemne cantada pola Coral Parroquial de Ardán e ás 14.00 horas volverán Os Jalácticos para amenizar o vermú co seu concerto. Pola noite, a verbena arrancará ás 21.30 horas coa orquesta Acordes e o Grupo Puzzle.