Festival Cultura Base na Praza da Veiguiña

Ás 19 horas comezará un recital poético coa participación de Ricardo Villar, Carmen Villar, Luis Chapela, Amable Santos, Gelucho ´O Pelán´, Xosé Vieira e Andrés Pena (cantautor).
14 de septiembre de 2023
calles marín

Este sábado 16 de setembro a A.C. Almuinha organiza o Festival Cultura de Base, que terá lugar na praza da Veiguiña (Marín) a partir das 19:00h.

Ás 19:00h. comezará un recital poético coa participación de Ricardo Villar, Carmen Villar, Luis Chapela, Amable Santos, Gelucho ´O Pelán´, Xosé Vieira e Andrés Pena (cantautor).

Tamén haberá unha exposición de debuxos de Eloy RC.

E a partir das 20:00h. darán comezo asactuacións musicais a cargo dos grupos A Revolta (folk combativo), Zaira e Eloy (pop/rock) e Shambala Pilgrims (indu/neofolk).

Deja un comentario

Don't Miss