Hoxe, festividade da Virxe do Porto, María do Ceo ofrece o seu espectáculo no Multiusos do Mercado

Nada en Porto (Portugal) e afincada en Galicia, María do Ceo fai 25 anos de carreira musical neste 2023. Ao longo destes anos, a súa extensa traxectoria acumula 17 discos no mercado. O máis recente foi publicado este mesmo ano baixo o título ‘Galicia nai’, un traballo comprometido coa lingua galega e coa violencia de xénero.
8 de septiembre de 2023
maría do ceo

A cantante María do Ceo ofrecerá este venres 8 de setembro un concerto en Marín da man da Deputación de Pontevedra no marco das festas patronais en honor á Virxe do Porto. Por mor da chuvia, trasladase o concerto de María do Ceo ao escenario Multiusos do Mercado.

A actuación celebrarase dende as 21:00 horas forma parte do calendario de actuacións do programa “Musigal”, posto en marcha pola Deputación para contribuír á difusión e promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia e, ademais, fomentar o uso e a normalización social da lingua.

Nada en Porto (Portugal) e afincada en Galicia, María do Ceo fai 25 anos de carreira musical neste 2023. Ao longo destes anos, a súa extensa traxectoria acumula 17 discos no mercado. O máis recente foi publicado este mesmo ano baixo o título ‘Galicia nai’, un traballo comprometido coa lingua galega e coa violencia de xénero.

Poesías de autores galegos

Deste xeito, no concerto que ofrecerá en Marín, a cantante interpreta poesías de autores galegos
como Rosalía de Castro, Xosé Neira Vilas, Armando González, Carvalho Calero, Xosé
Velo, Manuel María ou Ramón Cabanillas acompañada dunha banda de catro músicos.

Deja un comentario

Don't Miss