Marín acollerá a cuarta edición do curso «Galegas Dixitais»

O curso é de balde e terá lugar na Aula CeMit da Biblioteca Municipal, en horario matinal, desde o 18 de setembro ata o 30 de novembro. É necesario anotarse previamente a través de galegasdixitais.es, e o 13 de setembro haberá unha xuntanza informativa na Aula CeMit para todas aquelas persoas que estean interesadas.
7 de septiembre de 2023
galegas dixitales

Un dos principais obxectivos do programa Galegas Dixitais é promover a dixitalización e reducir a brecha de xénero. A próxima edición terá lugar na Aula CeMit da Biblioteca Municipal e está dirixida a mulleres residentes en Marín. O curso desenvolverase desde o 18 de setembro ata o 30 de outubro, en horario matinal, das 09:00 ás 14:00 horas.

O programa ofrece unha formación escalonada, que permite avanzar desde un nivel básico ata un nivel avanzado, con módulos de 40 horas de duración. Tamén se inclúe un módulo transversal sobre igualdade de oportunidades.

Ao completar con éxito a formación, as participantes recibirán un título oficial acreditado pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia. Ademais, recibirán un ordenador portátil Chromebook no comezo da formación para axudalas na súa aprendizaxe.

Ademais, o 13 de setembro ás 10:00 horas, haberá unha reunión informativa na Biblioteca á que están convidadas todas as persoas interesadas na formación. Para obter máis información e inscribirse, pódese visitar o sitio web galegasdixitais.es ou chamar ao número de teléfono 604039575.

Deja un comentario

Don't Miss