O BNG denuncia o mal estado estado da zona de xogos do Paseo Alcalde Blanco

A voceira do BNG, Lucía Santos, expón a evidente degradación sufrida pola remodelación do Paseo Alcalde Blanco e presenta propostas de acción preventiva.
7 de septiembre de 2023
zona de xogo alcalde blanco

Dende a súa reinauguración en xullo de 2022, o BNG expresou en diversas ocasións a súa preocupación polo deterioro das áreas con elementos de madeira. Nesta ocasión, Lucía Santos, voceira do BNG, informou á Comisión de Urbanismo sobre a situación crítica da zona de xogos de auga do Paseo Alcalde Blanco, onde os revestimentos de caucho que cubren o circuíto de xogos están desprendéndose en varios puntos.

Santos declarou que «é inaceptábel o estado de deterioro do circuíto de xogos tan só un ano despois da súa reinauguración» e engade que «esta é a segunda vez que sinalamos esta problemática dende a súa inauguración.» En setembro de 2022, uns meses despois da súa apertura, o BNG xa alertara do mal estado do pavimento nos xogos de auga.

A portavoz do BNG subliña que «non é normal investir máis dun millón de euros na remodelación dun espazo e en tan pouco tempo presente semellante estado de deterioro», cualificando a xestión do goberno do PP como «un auténtico desastre» na execución dos seus proxectos.

Ademais, Lucía Santos propón que se estude a posibilidade de desmontar as cinco pezas que conforman o circuíto de xogos de auga e almacenalas durante os meses de inverno. Esta medida evitaría o desgaste das mesmas protexéndoas das inclemencias meteorolóxicas. O BNG insta ao goberno local a tomar medidas para garantir a conservación deste espazo público e a considerar seriamente as propostas de mantemento preventivo.

Deja un comentario

Don't Miss