O Concello reformará o Pavillón da Cañota por cerca de 663.000 euros

20 de septiembre de 2023
pavillón da cañota

A Xunta de Goberno Local deu luz verde recentemente á firma dun convenio entre o Concello e a Deputación de Pontevedra para poder executar unha obra de mellora no Pavillón da Cañota, actuando en materia de eficiencia enerxética, habitabilidade e accesibilidade.

Trátase dunha obra esencial para esta infraestrutura deportiva, dado que polo paso do tempo e o tipo de materiais que se foron usando na súa construción, típicos doutra época, non consegue o illamento e o aforro enerxético requerido para unha instalación municipal actual. A obra realizarse ao abeiro desde convenio coa institución provincial por un importe total de 662.811 euros, aportando a Deputación o 70% (463.968 euros) e o Concello o restante 30% (198.843 euros).

Tal e como se pode ler no proxecto, levarase a cabo un cambio de cuberta para poñela de acero galvanizado e actuarase na fachada utilizando paneis sandwichs e SATE, para mellorar a eficiencia enerxética. Tamén se renovarán todas as baixantes e sustituiranse as actuais farolas. As ventás tamén se colocarán novas, para que conten co dobre acristalamento. Ao mesmo tempo, instalaranse 5 bombas de calor de producción de ACS para os vestiarios.

No que respecta á accesibilidade, crearasen rampas de acceso en todas as portas, así como nas gradas e pintarase por completo o interior.

Deja un comentario

Don't Miss