A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, mantivo un encontro coa directora da Editorial Guiverny, Belén Fortes, como toma de contacto de cara aos avances da primeira edición do Premio de Novela Histórica Dona Urraca, que ambas entidades puxeron en marcha este ano converténdose no único galardón literario deste xénero en toda Galicia.
No encontro, que tivo lugar na sede provincial en Vigo e á que asistiu tamén o xefe de proxectos da editorial, XoséDarriba, abordouse a situación da convocatoria e os prazos da convocatoria, cuxo gañador recibirá 6.000 € e verá editada a súanovela.
Trala convocatoria do premio en febreiro, o pasado 1 de xullo finalizou o prazo de presentación para optar ao galardón. Oxurado está avaliando nestes momentos as propostas presentadas e a previsión é que no mes de novembro se reúna para emitir o seu fallo.
Xurado
O xurado do I Premio de Novela Histórica Dona Urraca está composto pola escritora Teresa Moure como presidenta, polo escritor Xosé Ramón Pena en calidade de secretario e, como vogais, as escritoras Belén Fortes, Inma López Silva e ArantzaPortabales, así como a traballadora do servizo de Cultura da Deputación Begoña Fernández.
Ademais da calidade da obra, o xurado valorará a visibilizacióndo papel das mulleres na historia e a ambientación de toda ou parte da trama na provincia de Pontevedra.
O seu fallo será inapelable e o premio poderá quedar deserto ou ser concedido exaequo. Ademais do premio en metálico e a edición da novela, a persoa gañadora recibirá un lote de 20 exemplares.