O programa «Conectadas» mantén as súas actividades formativas en 20 concellos

As organizacións beneficiarias puideron elixir entre 30 obradoiros que se enmarcan en cinco bloques temáticos: "Emprende, iniciativas sostibles para o emprego", "ExpresARTE", "Conéctate", "Sementa sostibilidade" e "O teu momento. Coidado e benestar". Todas as accións formativas incorporan, de maneira transversal nos seus contidos, a promoción da igualdade de xénero e teñen unha duración total de 35 horas."
29 de septiembre de 2023
conectadas

Esta semana desenvolveranse novas accións formativas do programa “Conectadas” da Deputación de Pontevedra nas que participarán 519 mulleres do 53 concellos: Arbo, Baiona, Barro, Caldas de Reis, Cambados, Cerdedo-Cotobade, Gondomar, O Grove, Illa de Arousa, Lalín, Meaño, Meis, Pazos de Borbén, Pontevedra, O Rosal, Redondela, Tomiño, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vigo. Este ano a iniciativa ten como principal obxectivo potenciar a participación e a promoción de máis de 4.000 mulleres a través de accións formativas que se desenvolverán en 53 concellos da provincia.

«Neste ano de 2023, o programa «Conectadas» conta coa participación de 219 entidades distribuídas en 53 concellos da provincia de Pontevedra (Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Dozón, A Estrada, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Nigrán, Oia, Pazos, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, Portas, Redondela, Rodeiro, O Rosal, Salceda, Salvaterra, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova).

As organizacións beneficiarias puideron elixir entre 30 obradoiros que se enmarcan en cinco bloques temáticos: «Emprende, iniciativas sostibles para o emprego», «ExpresARTE», «Conéctate», «Sementa sostibilidade» e «O teu momento. Coidado e benestar». Todas as accións formativas incorporan, de maneira transversal nos seus contidos, a promoción da igualdade de xénero e teñen unha duración total de 35 horas.»

Deja un comentario

Don't Miss