As Escolas Deportivas Municipais botarán a andar, como xa é tradicional, no mes de setembro, coa presentación das distintas modalidades ofertadas no Parque Eguren e na Alameda Rosalía de Castro, que será o próximo 6 de setembro a partir das 17.00 horas.
O precio de participación seguirá sen cambios, sendo a razón de 50 euros, abonados directamente ás entidades organizadoras e cuxo xustificante de ingreso deberá ser entregado á entidade organizadora xunto co modelo de inscripción.
O impreso poderá recollerse no día da presentación ou mediante descarga da web do Concello de Marín a partir dese día. Estas son as modalidades que se ofertan este ano:
● ATLETISMO
● TRIATLÓN
● BALONCESTO
● FÚTBOL
● XIMNASIA ACROBÁTICA
● CICLISMO BTT
● REMO
● PIRAGÜISMO
● TAEKWONDO
● HIP HOP
● PADEL
● TENIS
● VELA
● JUDO
● XIMNASIA RÍTMICA
● FÚTBOL SALA
● BÁDMINTON
● BOXEO INFANTIL
● NATACIÓN
● VOLEIBOL
● TENIS DE MESA
● KICK BOXING
● SALVAMENTO DEPORTIVO
● PADDLE SURF
● PATINAJE
● WATERPOLO
Como novidades, pode destacarse a recuperación das escolas de tenis de mesa, hip hop e patinaxe, así como a incorporación dunha que ten gran presencia nos eventos en Marín como é o kick boxing. A ximnasia rítmica e o Futsal serán ofertadas por dúas entidades deportivas.
No mismo día 6 e setembro dará a coñecer cada unha das modalidades en canto a días e horas de impartición, así como o mecanismo de inscrición en cada unha delas.
Terceira idade
En canto ás Escolas Deportivas Municipais para a terceira idade, presentarase máis adiante a oferta da que se disporá para este ano.