Preto de 1.200 persoas participan «En ruta coa Depo»

Veciños da Estrada, Cerdedo-Cotobade, Salceda de Caselas, Vigo, Pontevedra, Crecente, Sanxenxo, O Porriño, Tui, Cangas, Ponteareas, Bueu e de Gondomar participan en 27 saídas para coñecer lugares singulares da provincia.
21 de septiembre de 2023
lago castiñeiras

A Deputación de Pontevedra organiza esta semana 27 saídas no marco do programa provincial “En Ruta coa Depo”, unha iniciativa que ofrece aos colectivos sociais da provincia a posibilidade de pasar un día de convivencia, ocio e tempo libre en lugares do territorio provincial como A Lagoa de Castiñeiras e Illa de Tambo.

Entidades dos concellos da Estrada, Cerdedo-Cotobade, Salceda de Caselas, Vigo, Pontevedra, Crecente, Sanxenxo, O Porriño, Tui, Cangas, Ponteareas, Bueu e de Gondomar mobilizarán preto de 1.200 persoas para coñecer a ría de Arousa, as illas de Ons e Cíes, o castro de Santa Tegra na Guarda, ou a Casa da Navegación de Baiona, entre outros.

O sábado 23 nove entidades da provincia sairán con “En Ruta coa Depo”. A Asociación de Mulleres Rurais Avelina Valladares da Estrada visitará o mosteiro de Poio, a illa de Tambo e Combarro; o Club De Jubilados y Pensionistas De Portonovo de Sanxenxo percorrerá diferentes puntos de Cangas e Bueu; a asociación Cultural y Social de Soutelo en Salceda e a Unión Musical de Coruxo farán unha ruta en barco ata Cíes.

A Lagoa de Castiñeiras

Tambo respectivamente; a Xunta de Montes en Man Común de Freixo en Crecente percorrerá a Ruta da Pedra e da Auga e o mosteiro da Armenteira; a Coral Centro Social de Tui e a Asociación de Veciños San Esteban de Oca pasearán en barco pola ría de Arousa e irán ata a illa da Toxa e o Museo da salga do Grove; e a Asociación Cultural Mulleres Rurais San Xurxo de Vea da Estrada visitarán o porto de Santo Adrián de Cobres e o A Lagoa de Castiñeiras, con parada nas Salinas de O Ulló en Vilaboa.

O domingo 24 ADICAM de Cangas e a Asociación de Mulleres Rurais Caselas de Salceda visitarán o mosteiro de Poio, a illa de Tambo e Combarro; a Asociación Veciñal Doutor Fleming e ANHIDA (ambas de Vigo) e a Asociación de Mulleres Rurais San Benito de Gondomar percorrerán a illa de Ons; a Asociación de Maiores de Ponteareas realizará un itinerario por varios puntos de Lalín e, por último, a Asociación Robaleira e a Asociación San Salvador de Ponteareas percorrerán San Simón e Cíes respectivamente.

A través de “En Ruta coa Depo”, a Deputación de Pontevedra está a fomentar a participación, a convivencia e a cohesión social dos colectivos sociais da provincia a través de 33 rutas temáticas nas que, en total, este ano daranse cita preto de 20.300 persoas de case 400 asociacións da provincia. Todas as prazas do programa, que conta cun orzamento próximo aos 480.000 euros, están subvencionadas pola institución provincial. Delas, 300 prazas son financiadas ao 100% co obxectivo de achegar o programa ás persoas con dificultades económicas ou en risco de exclusión social.

Deja un comentario

Don't Miss