Para Manuel Pazos, voceiro do PSOE de Marín «O modelo de escolas deportivas que leva moito anos facéndose en Marín moi positivo: colabórase cos clubes e ofrécense múltiples actividades deportivas a nenas e nenos debe ser ampliado e ofrecerse novas actividades máis ala do deporte, e por eso propoñemosactividades de arte, tecnoloxía e medio ambiente”.
“Moitos rapaces estarán encantados de poder ir a actividades de fotografía, teatro, debuxo, robótica, cociña, fauna e flora, reciclaxe, guitarra, coidado de mascotas…», explicou Pazos.
Cada ano ofrécese un programa amplo de actividades deportivas que serve para incentivar o deporte entre os nenos do noso municipio e ao mesmo tempo axudar aos clubes facilitando a incorporación de nenas e nenos. “Os socialistas estamos satisfeitos co funcionamento das escolasdeportivas municipais que levan moitos anos de actividade”, dixo o voceiro de PSOE Marín.
Persoas maiores
“Xa en 2019 os socialistas impulsamos unha moción que foiaprobada por unanimidade e permitíu a impartición de actividades deportivas tamén para persoas maiores. Iniciativa que pouco a pouco vaise ampliado”.
“En aras a que os servizos que ofrecemos dende o noso concellosigan mellorando, esta vez presentamos unha nova iniciativa pensada nos moitos rapaces aos que lles gustaría tamén realizar outro tipo de actividades non exclusivamente deportivas”.
Teatro, debuxo dixital…
Presentan unha nova iniciativa pra escolas relacionadas coa arte (fotografía, debuxo, escultura, pintura, teatro, arqueoloxía,…), coa tecnoloxía (robótica, informática, debuxo dixital, edición de vídeos…) e tamén coa natureza (coñecemento da fauna, da flora, reciclaxe, coidado de mascotas, adestramento canino…).
Sen dúbida algunha é unha iniciativa moi positiva e interesante, cunhas enormes posibilidades e que complementa a actual oferta de actividades con custe moi asequible para o noso concello, motivo polo cal presentamos unha moción que agardemos sexaaprobada no pleno municipal desta semana.