A concesión dos postos no mercado de Marín e Seixo, debate na Mesa Local de Comercio

Actualmente, as concesións son de 30 anos polo que se está estudando a fórmula administrativa para sacar estes postos vacantes “unicamente por cinco anos”.
31 de octubre de 2023
xunta de goberno concello de marín

A alcaldesa, María Ramallo e a concelleira de Comercio, Cristina Acuña, estiveron á fronte deste órgano, no que participan Estrela de Marín, a Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos e Acemas. Onte celebrouse no Salón de Plenos do Concello a Mesa Local de Comercio, un órgano presidido pola alcaldesa, María Ramallo, acompañada da edil de Comercio Cristina Acuña e do AEDL, Alfredo Montero, e no que participan as asociacións de comerciantes da vila: Estrela de Marín, a Asociación de
Comerciantes da Praza de Abastos e a ACEMAS.

A concelleira de Comercio quixo poñer sobre a mesa a situación que se vive nos mercados de Marín e de Seixo cos postos de venda que se atopan vacantes e aos que non está sendo sinxelo darlles saída. No caso de Marín, falamos de 2 pequenas bancadas de peixe, un posto de carnicería e un do patio norte para actividade comercial de diversa índole. En Seixo, hai dispoñibles 2 postos de peixe e 2 que poden ser utilizados ben como carnicería ou ben como alimentación.

Acuña explicou que desde o Concello “estamos traballando cos servizos técnicos para avaliar como baixar os anos polos que se concede a concesión destes locais, que actualmente, segundo temos consultado no sector, son demasiados anos e iso disuade a posibles interesados”. Actualmente, as concesións son de 30 anos polo que se está estudando a fórmula administrativa para sacar estes postos vacantesunicamente por cinco anos”.

Stock Marín Rebaixas

Un dos puntos centrais que se aprobou foi a celebración da próxima edición do Stock Marín despois do Nadal, coincidindo cas rebaixas de xaneiro, unha data que para os comerciantes é mellor ca o Black Friday. Esa opinión é facilmente entendible vendo a boa acollida do evento. Tal e como explicou Estrela de Marín, de 16 haimas que habilitarán para a feira, só lles queda unha vacante.

Por outra banda, a asociación de comerciantes de Seixo explicou todas as actividades que se viñeron realizando nos últimos tempos e cales serán as actividades de promoción comercial programadas para o 2024, que seguirán premiando a fidelidade dos clientes habituais e motivar a xeración de novos compradores para os negocios da parroquia. Situación dos postos dos mercados de Marín e Seixo.

Deja un comentario

Don't Miss