Arrancan un ano máis os preparativos para a posta en marcha do XXV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, convertíndose con esta edición no máis lonxevo do país. O Salón, que este ano muda de data, celebrarase entre o 1 e o 17 de marzo de 2024, adiantándose así con respecto ás edicións de anos anteriores.
A temática escollida para esta edición tan especial e “A maxia”, no máis amplo sentido da palabra, como comentaba o Concelleiro de cultura, Demetrio Gómez, na xuntanza na que se deu cita co profesorado de Pontevedra a pasada semana: “Galiza é de sempre un territorio máxico, no que se mesturan lendas, mouras, trasnos e toda sorte de personaxes mitolóxicos. Nunha terra tan chea de maxia será sinxelo non cinguirse únicamente á maxia como ilusionismo, pois como galegos e galegas sabemos que a maxia vai moito máis alo diso”.
Novidades deste ano
Entre as novidades deste ano, estará o feito de que se lles dará gran protagonismo aos colexios da cidade, especialmente a eles porque serán os homenaxeados nesta edición, pois a súa presenza continuada nel foi un pilar básico para a permanenza do Salón no panorama nacional de eventos culturais deste tipo, ao longo destes vintecinco anos.
Pola súa banda, Orbil, o lobo mascota do Salón, tamén estará de estrea este ano, xa que pasará por “unha pequeña limpa de imaxe” e ausentarase estes meses de preparación do salón, para lucir renovado, o que lle impedirá polo tanto, asistir a moitas actividades previas en colexios, como sucedeu en anos anteriores, segundo explicaba Eva Mejuto, directora do Salón do Libro.
Demetrio Gómez falou ademáis de que “o país convidado este ano é Cataluña, en primeiro lugar pola súa cercanía xeográfica a Galicia e para traballar a idea de que as linguas son para comprendernos e que, falando cada un de nós en linguas diferentes, somos quen de entendernos, comprendernos e descubrir a beleza que hai na literatura».
Nesta edición do Salón ampliarase ademáis a oferta de actividades inclusivas, poñendo así de relevo un ano máis a necesidade de amosar que todas as personas teñen cabida no mundo da lectura infantoxuvenil.