Unha das fórmulas de maior interese para o fomento do hábito da lectura, é a posta en marcha dun club de lectura, porque inclúe varias das condicións necesarias para motivar aos lectores e lectoras destas idades: a posibilidade de comunicación cos seus iguais e a oportunidade de compartir gustos, inquedanzas, significados, emocións e opinións sobre as súas lecturas.
A posta en marcha un club de lectura nun centro educativo consiste, basicamente, en promover a participación dun grupo de alumnado para compartir as súas experiencias lectoras, coa mediación dunha persoa adulta que conduza todo o proceso. O espazo natural para o club de lectura é a biblioteca scolar e as inscricións están abertas ata o 17 de outubro.
Da mesma forma, valoraranse aquelas iniciativas destinadas a fomentar a participación nos grupos de lectura de varóns. La resolución está destinada a centros públicos de titularidade da Consellería de cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que acollan ensinazas de educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional, tanto en réximen ordinario como e Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas de Artísticas, Idiomas e Deportivas.
Plan LÍA 2021-2025
O Plan LÍA 2021-2025 de bibliotecas escolares continúa nesta liña co desenvolvemento novos ámbitos de actuación para este período. Coa ampliación da convocatoria dando cabida aos clubs de lectura en centros de primaria refórzase o papel desta ferramenta. A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa acorda apoiar a formación de clubs de lectura en centros educativos de titularidade da consellería para fomentar hábitos de lectura, valoraranse especialmente aquelas iniciativas destinadas a impulsar a lectura de textos en lingua galega. Poderán presentar solicitude aqueles centros que inclúan un club de lectura na programación de actividades da biblioteca escolar aprobada no consello escolar. Os centros seleccionados recibirán unha asignación, destinada á posta en marcha das actividades de fomento da lectura previstas no seu proxecto, por un importe global máximo de 400.000 euros.
A contía asignada a cada centro estará condicionada polo número total de solicitudes seleccionadas. Esta contía asignada, destinarase fundamentalmente á adquisición de libros, será a suma de dúas cantidades; unha cantidade que será igual para todos os centros seleccionados e outra cantidade que variará conforme a puntuación acadada segundo os criterios establecidos desta convocatoria.
https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas/
Excelencia das bibliotecas escolares galegas
A excelencia das bibliotecas escolares galegas acaba de ser avalada con 11 dos 41 premios nacionais aos Clubs de Lectura correspondentes ao curso 2022/23, case o 27% do total. Estes galardóns teñen o obxectivo recoñecer o potencial destes grupos como elemento destacado para o fomento da lectura entre os membros da comunidade educativa e o seu papel como factor dinamizador das actividades da biblioteca escolar.
A relación de centros galegos premiados, divididos en dúas modalidades (a A para centros de Primaria e a B para o resto) é a seguinte:
Premio | Provincia | Concello | Centro | Modalidade e categoría |
Primeiro | A Coruña | Curtis | CEIP de Curtis | Modalidade A. Municipios de menos de 5.000 habitantes |
Segundo | A Coruña | Brión | IES de Brión | Modalidade B. Municipios de máis de 5.000 habitantes |
Segundo | Lugo | Quiroga | IES de Quiroga | Modalidade B. Municipios de menos de 5.000 habitantes |
Segundo | Ourense | Ourense | CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro | Modalidade A. Municipios de máis de 5.000 habitantes |
Segundo | Pontevedra | A Lama | Centro de Promoción de Adultos Nelson Mandela | Modalidade B. Municipios de menos de 5.000 habitantes |
Terceiro | A Coruña | A Coruña | CEIP Emilia Pardo Bazán | Modalidade A. Municipios de máis de 5.000 habitantes |
Terceiro | A Coruña | Boiro | IES Espiñeira | Modalidade B. Municipios de máis de 5.000 habitantes |
Terceiro | A Coruña | Carral | CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel | Modalidade A. Municipios de máis de 5.000 habitantes |
Terceiro | A Coruña | Fisterra | CPR Ntra.Sra. del Carmen | Modalidade B. Municipios de menos de 5.000 habitantes |
Terceiro | Pontevedra | Bueu | CEIP Plurilingüe Montemogos | Modalidade A. Municipios de máis de 5.000 habitantes |
Terceiro | Pontevedra | O Grove | CEIP As Bizocas | Modalidade A. Municipios de máis de 5.000 habitantes |
Proxecto Radio na Biblio Curso 2023/2024
Tamén se seleccionarán 30 bibliotecas para o Proxecto Radio na biblio durante o curso 2023/24. Poderán participar neste proxecto bibliotecas de centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares durante o curso 2023/24 que matriculen alumnado de ensino infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato ou formación profesional tanto en réxime ordinario como Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas.
Non poderán participar os centros que se incorporan ao PLAMBE en 2023. Os 168 centros integrados xa no programa, deberán solicitar a súa continuidade, se así o deciden. Os centros seleccionados recibirán unha contía máxima de 2.000€ destinada á posta en marcha do proxecto e das actuacións que supoña, nas que se inclúe a realización dun obradoiro de formación para o alumnado que se considere, tendo en conta que se poderá reservar, na mediada que sexa posible, para a formación un máximo do 40% do total da asignación.
Os 168 centros integrados xa no programa, que soliciten a súa continuidade, recibirán, cando a memoria de actividades do curso anterior acade unha valoración positiva, unha asignación de 500€ para a realización de obradoiros de formación específica, en materia técnica para o funcionamento da emisora de radio, a elaboración de producións radiofónicas ou o desenvolvemento de competencias mediáticas a través da radio; tamén poderán versar sobre lectura expresiva ou mellora da expresión oral. Estes obradoiros estarán destinados ao alumando que o centro decida.
A través da aplicación orzamentaria 10.06.423A.640.10, do orzamento da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, destinada a programas de atención
á biblioteca escolar para o ano 2023, asignaranse as contías correspondentes por un máximo
global de 144.000 €. Apartado 4. Todo o procedemento de solicitude realizarase a través da aplicación informática https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas/