Acaba a presentación de ofertas para mellorar a a entrada do Paseo Alcalde Blanco

Este venres rematou o prazo de presentación de ofertas á licitación, que ten un orzamento de 67.226 euros, un proxecto de mellora da beirarrúa que une a Praza de España co Paseo, que discorre paralela á Escola Naval Militar e que se engloba dentro da estratexia Marín Dusi, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de esenvolvemento Rexional da Unión Europea.
22 de octubre de 2023

Este proxecto suporá o ancheamento desta zona e o seu embelecemento, co obxectivo de mellorar a conexión cidade-mar despois da renovación levada a cabo o ano pasado no Paseo Alcalde Blanco.

A conexión do centro co mar en Marín realízase, sobre todo, a través do Paseo Alcalde Blanco, que o Goberno local renovou o pasado ano e revitalizou, enchéndoo de vida e dotándoo dunha estética renovada, sostible e pensada por e para a cidadanía.

Todo o corazón urbano que engloba a parcela de Praza de España está a mellorar e a reordenarse, a través da construción do Centro Sociocultural de Marín e da reforma que se realizou no Paseo Alcalde Blanco.

Orzamento de 67.226 euros

Para seguir traballando nesa liña de reforma deste entorno, o Concello encargou un proxecto de mellora da beirarrúa que une a Praza de España co Paseo, que discorre paralela á Escola Naval Militar e que se engloba dentro da estratexia Marín Dusi, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de esenvolvemento
Rexional da Unión Europea.

Este venres rematou o prazo de presentación de ofertas á licitación, que ten un orzamento de 67.226 euros. Para iso, renovarase o pavimento e anchearase a beirarrúa, eliminando o aparcadoiro en liña.
Con isto, mellorarase o acceso ata o novo Paseo e seguirase transformando este punto clave do casco urbano de Marín.

Deja un comentario

Don't Miss