O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, realizou onte unha visita de obra ao muro de Cividanes, que está a reconstruirse para mellorar o seu estado, que estaba moi deteriorada e corría perigo a estrutura, debido á oxidación e hinchazón que se apreciaban nas armaduras do muro actual.
A obra foi adxudicada a Citanias por un importe de 176.045,90 euros. A solución que se está a aplicar é a creación dun novo muro de sustentación do tramo feito en bloques regulares de pedra granítica, en filas paralelas.
Elimínase o risco de desprendementos
Con esta solución, elimínase o risco futuro de desprendementos e garántese unha boa capacidade de drenaxe.
Ademais, colocarase unha escaleira en tres tramos que conecten a Rúa da Costa co Camiño de Cividanes e renovarase toda a rede de saneamento para colocar separativa, así como a reposición do pavimento que se poida ver afectado pola obra.
O prazo de execución dos traballos é de 5 meses.
Tal e como explicou o edil, nesta área xa se levaron a cabo dous importantes proxectos: “a renovación do saneamento e da pavimentación da Rúa da Costa e a renovación da rede de distribución de auga nos camiños de San Jorge, Cividanes e Dichosa”.