O pasado 6 de setembro, o BNG presentou unha solicitude na Comisión Informativa de Urbanismo para manter unha xuntanza coa dirección de obra do Centro Cultural e realizar unha visita ás instalación en construción. O BNG amosa o seu agradecemento pola oportunidade de recibir información actualizada sobre o progreso da edificación. O encontro contou coa participación da concelleira Lucía Santos e dos concelleiros José Souto e Tino Iglesias, quenes tiveron a ocasión de esclarecer dúbidas coa dirección de obra e o goberno municipal, especialmente no que atinxe ás últimas modificacións do proxecto.
Con base nas declaracións da dirección de obra, verificouse que a construción avanza de xeito satisfactorio e prevese a súa conclusión para o primeiro trimestre do 2025. Ante esta perspectiva, o BNG ten previsto solicitar nos vindeiros orzamentos do 2024 a creación dunha praza de técnico de xestión cultural para o deseño e coordinación dun programa para o segundo semestre de dito ano, contribuíndo así á oferta local.
Contenedores do Porto
Este encontro puxo de manifesto a necesidade de levar a cabo un estudo de redistribución de almacenamento dos contedores do Porto, especialmente aqueles que actualmente son depositados fronte á Alameda, xerando un impacto visual negativo na entrada á vila.
O concelleiro do BNG, Tino Iglesias, propuxo ao Presidente da Autoridade Portuaria, José Benito Suárez, reducir a altura de almacenamento dos contedores na Terminal Depot, asegurando que non sobrepasen a altura máxima de 7 metros, tal como se establece no Plan Especial para construcións.
Antigo Liceo Casino
Por outra banda, o BNG manifesta a súa preocupación polo estado actual das obras de acondicionamento do local do Antigo Liceo Casino. A pesar de que deberían estar rematadas, continúan paralizadas por problemas derivados coa empresa construtora. Ante esta situación, instan ao goberno municipal a solucionar esta problemática sen mais dilación e reiniciar as obras o antes posible.
Ademais, o BNG amosa o seu respaldo ás iniciativas propostas polo goberno municipal, incluíndo a eliminación da caseta do transformador e o seu posterior soterramento, así como a cesión de novos terreos por parte da Autoridade Portuaria coa próxima demolición dunha nave cuxa concesión caducou.
Estas medidas mellorarán notablemente a accesibilidade ao paseo Alcalde Blanco. Estes proxectos Estes proxectos entroncan co compromiso do BNG de “Abrir Marín ao mar” para mellorar a calidade de vida da veciñanza.