Herba Moura

Polas páxinas de Herba Moura circula unha sorte de sangue de muller que desvela unha incrible historia a modo de carta, de receita, de poema… todos eles, textos de mulleres que son distintas pero que no fondo son unha mesma, a muller que todas temos dentro.
14 de octubre de 2023
teresa moure herba moura

Mentras remexo con coidado a taza que hoxe me fai compaña, deixo que suba paseniño polo meu nariz o vivo e fresco arume de framboesa. Entremézlase co da roupa recén planchada que acabo de deixar no cesto. Cando se mesturan ambos cheiros, e coma se dun acto reflexo se tratara non podo evitar pechar os ollos e sentirme na casa de Hèléne Hans agachada xunto as súas herbas e feitizos máxicos. Esta é sen dúbida a inevitable pegada que para sempre Teresa Moure deixou no meu subconsciente coa súa obra,
Herba Moura.

De mulleres e paixóns

De mulleres e paixóns, se e que ainda queda xente que seña quen de diferenciar entre ámbalas dúas cousas, de iso trata Herba Moura. Paixón pola vida, polo amor, polo sexo, polo desexo, por mulleres e por homes, por fill@s, por saber, por coñecer o pasado e por riba de todo, por sentir todo isto.

Moure escribe paseniño unha Biblia para meigas novas. Cada rincón do texto é un pequeno recuncho no que se deitar a durmir para termos soños lixeiros, que voen sen alas, que acariñen sen mans e den de comer as almas además de ós corpos.

Herba Moura garda entre as súas páxinas a vida de varias mulleres que se entrelazan nunha histórica viaxe dende a Holanda que rexenta a raiña Cristina de Suecia ata a Galicia contemporánea. Ademáis das curvas do corpo e do destino, teñen en común unha fina ironía e unha densa sabidoría popular que impregna toda a obra e que fai que sexa imposible non sentir ganas de roubarlle os pensamentos a Moure.

Remedios de amor con moralexa e con sabios consellos que veñen de mulleres que non é que sexan de armas tomar como nos di Teresa, senon que son elas mesmas as armas, bicos que desexaríamos ter dado nós no canto delas, feitizos máxicos que nalgún intre da vida quereriamos ter a man…

Polas páxinas de Herba Moura circula unha sorte de sangue de muller que desvela unha incrible historia a modo de carta, de receita, de poema… todos eles, textos de mulleres que son distintas pero que no fondo son unha mesma, a muller que todas temos dentro.

2 Comments

Deja un comentario

Don't Miss