Iníciase a limpeza anual do leito dos ríos marinenses

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, achegouse ata a contorna do río da Laxe para comprobar o avance desta actuación, que permite que o caudal de auga discorra correctamente e evita problemas de desborde na época de chuvias do inverno. En total, realizarase unha inversión cercana aos 12.000 euros e actuarase nos da Grela, da Laxe, Lapamán e Castiñeiras, así como nun pequeno treito do Sequelo.
17 de octubre de 2023
limpieza marín ríos

A limpeza dos ríos é unha actuación medio ambiental de mantemento que se debe facer todos os anos para poder liberar ao trazado do río da maleza que se acumula e permitirlle ao caudal da auga que discorra sen obstáculos ao longo do cauce.

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, achegouse ata o Río da Laxe, para comprobar o inicio destes labores, nos que se investirán cerca de 12.000 euros.

Os traballos consistirán na limpeza dos laterais e do propio cauce, triturando a maleza cunha desbrozadora manual de disco. Esta maleza, así como os obxectos e os plásticos que se poidan atopar, serán levados ao vertedoiro. Actuarase nos seguintes puntos:


● O río da Grela, desde a ponte de Coirados ata o Lavadoiro da Presa.

● O riachuelo que pasa por detrás do CEIP do Sequelo e desemboca nas hortas urbanas
● O río Castiñeiras: desde o Lavadoiro de Coirados ao muíño antigo na Roza
● O río da Laxe, desde a ponte do camiño do Peso ata a parcela traseira ao supermercado Mercadona
● O río Lapamán, desde a estrada xeral ata o camiño

Con esta limpeza, que sempre se fai coincidir coa estación outonal, conséguese, ademais, prever posibles problemas de desbordes e de atrancos no leito na época de chuvias do inverno, para evitar que se produzan danos nas zonas poboadas polas que discorren estes ríos.

1 Comment Deja una respuesta

Deja un comentario

Don't Miss