A lectura, os libros, as verbas, a poesía, as historias narradas xeración tras xeración… Todo iso forma parte da nosa existencia e do que somos como persoas e como sociedade. E hai lugares, como as bibliotecas, que son o faro, o custodio dese acervo infinito que nos permite seguir desfrutando e descubrindo.
Onte celébrase o seu día, o Día das Bibliotecas, e a concelleira de Cultura, Marián Sanmartín acudiu á da nosa vila para coñecer de primeira man a evolución da súa traxectoria, entre os últimos lanzamentos de Yolanda Castaño, Berta Dávila ou María Reimóndez, entre outros escritores e escritoras.
114 novos abonados
A día de hoxe, a Biblioteca conta con 12.230 socios, dos cales 131 foron de nova suscripción no 2022 e xa se vai polos 114 novos abonados no que vai de ano. Tal e como explica a responsable da Biblioteca, facerse socio é moi sinxelo, acudindo á calquera das Bibliotecas Públicas de Galicia, xa que o carné é válido en todas elas.
A concelleira remarcou a “importancia que ten ter unha Biblioteca viva” e o bo servizo de préstamo que teñen, “que nos permite estar ao tanto das novidades editoriais, así como ter de man clásicos atemporais que podemos coller, desfrutar e devolver con facilidade”.
Este sábado, ademais, haberá unha actuación de maxia para nenos e nenas con temática de Samaín a partir das 12.00 horas.