A alcaldesa, María Ramallo, visitou esta mañá o IES Mestre Landín para achegarlle ao alumnado esta iniciativa, coa que coñecer máis á figura musical que dá nome ao seu centro. Xunto a ela estivo Felipe Rea, músico e mestre neste instituto.
A figura do Francisco Landín Pazos, director e compositor internacional de música, coral e danza, é un dos veciños máis ilustres da historia cultural de Marín. Por iso, desde o Goberno local queren poñer en valor a súa figura, coa edición dun cómic sobre a súa vida e traxectoria, que foi o berce da traxectoria musical de
centos de marinenses.
A presentación do cómic, que chegará aos centros educativos proximamente, realizouse co alumnado de Música e Tecnoloxía do IES Mestre Landín, instituto que leva o nome da figura homenaxeada con esta campaña, ao que o músico e divulgador Felipe Rea expuxo os datos biográficos máis interesantes deste artista.
Landín xa formaba parte da Banda de Música Municipal de Marín cando esta só levaba creada un ano e á que 20 anos despois regresaría como director.
O noso ilustre músico con 40 anos funda o Coro «Airiños Mareiros». Desta etapa, ten unha mención especial a súa peza “Foliada de Marín”. O Centro Galego de Bos Aires concedeullo o único premio establecido para música á súa composición «De Pandeirada» e tamén recibiu homenaxes e distincións da Sociedade de Artesáns de Santiago de Compostela ou do Concello do Grove.
A alcaldesa, María Ramallo, e as concelleiras Itziar Álvarez e Marián Sanmartín estiveron nesta presentación, na que puideron falar cos rapaces e rapazas do instituto e gozar dunha interpretación musical a cargo de Rea.
Me parece fantástico, ¡qué gusto leer buenas noticias!